viernes, 22 de mayo de 2009

A prensa destaca a superioridade do Sporting Pontenova ante o Galicia Gaiteira, a pesar da eliminación

La Voz de Galicia, Martes 19 de Maio de 2009

A Mina volveuse a vestir de gala para presenciar unha nova remontada do Sporting, pero esta vez non foi posible. O conxunto que dirixe Moirón viuse obligado a disputar unha nova fase de previa, algo inédito hasta a fecha neste tipp de promocións.
O rival era o Galicia Gaiteira. O primeiro encontro disputouse o pasado venres en A Coruña con un resultado a favor para os locais de dous goles a cero. Polo tanto, tocaba unha nova remontada na Mina.
O campo voltou a estar repleto de afeccionados que non cesaron nin un instante de animar ós lucenses, o que propiciou que os de Moirón levasen a iniciativa no xogo dende os primeiros minutos e dispuxesen das mellores ocasións. As máis claras, a cargo de Jorge, Matelo e Christian e duas ocasións. Pero o gol fíxose esperar ata que a falta de cinco minutos para o descanso Joel cabeceou un saque de esquina ó fondo das mallas.
Na reanudación, o Galicia Gaiteira empatou na súa única ocasión de gol en todo o encontro, cun lanzamento de falta. A partir de ahí, o Sporting intensificou o seu dominio pero non atopou o camiño do gol ante un rival que se adicou a perder tempo durante toda a segunda parte.

El Progreso, Martes 19 de Maio de 2009

O Sporting Pontenova cedeu na eliminatoria de ascenso á Liga Galega xuvenil despois de caer diante do Galicia Gaiteria nunha eliminatoria na que os mariñanos levaron o ritmo, mentres que o Galicia Gaiteira tivo a sorte de aproveitar ben as súas ocasións na ida e na volta.
No primeiro encontro, o conxunto pontenovés levou a batuta, pero non puido facer nada diante dun rival que chegou en dúas accións aisladas e marcou dous tantos (2-0). No que se refire ó segundo encontro, o Sporting saíu a por todas e conseguiu poñerse con vantaxe no taboleiro grazas a un tanto de Joel no minuto 40. Aínda que levou o ritmo do partido e contou con varias e importantes ocasións, o cadro de Moirón non só non puido ampliar as diferenzas, senón que viu como o seu rival igualaba ó transformar un lanzamento de falta (1-1). Os xogadores locais seguírono intentando ata o final, pero o pase de ronda non foi posible.
A afección pontenovesa non fallou nas dúas citas e amosou o seu apoio, ó igual que en partidos anteriores, a un equipo de xuvenís que marcou historia na vila mariñana sendo o primeiro en lograr a clasificación para a fase de ascenso á Liga Galega xuvenil.

1 comentario:

PONTENOVA.ES dijo...

SODES O MELLOR RAPACES. NON CAMBIEDES NUNCA.