o. A segunda metade comezaria como a primeira, cun Sporting que non daba tregua en ningun momento, e o pouco de comezar, Matelo consigue o segundo gol logo de internarse na area e definir ante a mala salida do porteiro da Milagrosa. O obxetivo estaba cada vez mais cerca, pero os de Moiron non querian sufir o mais minimo, e axudados por un publico entregado co equipo, continuaron desplegando un futbol de alto nivel, ante o que os rivais se vian totalmente impotentes. O delirio chegaria minutos despois. O terceiro seria obra de Jorge Moiron, que logrou transformar unha falta directa dende 20 metros, colandose polo centro do marco lucense logo doutro fallo do seu gardameta. O partido parecia sentenciado e a Mina xa era unha festa, pero a Milagrosa non se daba por vencida, e lograron o 3-1 por medio do seu mellor xogador, Sisso, un dos destacados no global da eliminatoria. Outro gol dos lucenses darialles o pase, pero os locais non deron mostra de nerviosismo en ningun momento. A guinda puxoa Tontxu minutos despois, cun autentico golazo dende tres cuartos de campo que sentenciaba o partido definitivamente. A partir de ahi, cun rival totalmente desquiciado e xa cun menos no campo, o Sporting Pontenova xogou a placer os poucos minutos que restaban. Andres Seoane puido subir o quinto o marcador, pero o balon foise fora por moi pouco. Ahi morreu o partido. Co pitido final estallou a festa na Mina, e os xogadores sairon ovacionados do campo por unha aficion que estivo de 10 durante todo o encontro.Superada esta eliminatoria previa, os de Moiron entran pola porta grande na fase de ascenso, onde se enfrontaran na proxima ronda a un conxunto do grupo de A Coruña. O primeiro partido sera xa o proximo sabado, e o equipo rival coñecerase maña martes. Minutos despois do sorteo poderan coñecer por esta web a orde e horarios dos partidos.

No hay comentarios:
Publicar un comentario