sábado, 16 de mayo de 2009

Xuvenil: O Sporting complícase o pase logo de perder na Coruña por 2-0

O Sporting Pontenova caeu na súa visita ó campo de Elviña no partido de ida da segunda ronda previa para a fase de ascenso á Liga Galega. Os de Moirón non foron quen de superar a un Galicia Gaiteira que se viu favorecido polo césped artificial e polas grandes dimensións do terreo de xogo. O partido comezou cun equipo local moi ben plantando e coas ideas mui claras desde un principio, intentando atacar ós da Pontenova con amplias internadas pola banda, sobre todo pola esquerda, que se viu moi ben respondida en todo momento por unha defensa que cumpliu á perfección durante os 90 minutos. As oportunidades iban chegando pouco a pouco para ambos conxuntos. Os visitantes puideron golpear primeiro con ocasións de Matelo, Jorge ou Christian, pero foi o Galicia Gaiteira, mediado o primeiro tempo, quen abriu o marcador nunha xogada a balón parado, nunha falta lateral que acabaría dentro da portería de Xoel logo dun gran remate de cabeza. Os locais tiñan o partido moi ben controlado, e as poucas xogadas que conseguía realizar o Sporting acababan por desfacerse na boa defensa local. Ó descanso chegouse con ese solitarios gol que lle daba unha mínima ventaxa ós coruñeses. Na segunda parte os de Moirón saíron do vestuario cunha actitude totalmente distinta, e puxeron en apretos a portería local de maneira case continua. A primeira gran ocasión foi de Matelo, que cazou un rechace na área pequena pero o seu tiro estrelouse contra o porteiro. Pouco despois tería outra moi clara, superando o seu marcador por velocidade e plantándose diante do gardameta herculino, pero o seu tiro cruzado salíu desvido por moi pouco. Esas dúas ocasións falladas pareceron mermar o ánimo dos pontenoveses, e o Galicia Gaiteira comezou a ter de novo o control do xogo. Gozaron dunha oportunidade cando un xogador coruñés encarou a Xoel totalmente sólo, pero non foi capaz de definir e enviou o balón moi desviado. Pouco despois chegaría o segundo tanto, cun gran disparo desde 25 metros que se colou na portería do Sporting logo de petar no largueiro. Co cambio de Aitor por Picota, Antonio pasou ó interior esquerdo e comezou a crear peligro continuamente por esa banda, unhas veces driblando o seu marcador con calidade e outras veces pillando por sorpresa á defensa herculina. Jorge, Cristian ou o mesmo Antonio volveron a intentalo con tiros dende fóra da área, pero finalmente o marcador non se movería.
Con este 2-0, os de Moirón terán que intentar, como xa fixeran ante a Milagrosa, outra remontada no Campo da Mina, algo que confían en conseguir logo do gran apoio mostrado pola afición no último partido e vista a superioridade mostrada no segundo tempo do partido de onte en Elviña. Dende aquí, coma sempre, queremos pedir a toda a xente que leva respondendo durante toda a temporada que acuda á Mina no partido, ata o momento, máis importante da temporada, e que confiamos en que non sea o último.

No hay comentarios: