lunes, 18 de mayo de 2009

Temporada 2008/2009: A mellor dende a nova creacion do Sporting Pontenova

Un terceiro lugar en Terceira Autonomica, que siginificou o ascenso de categoria, e un segundo posto en xuveniles, chegando a segunda ronda previa da fase de ascenso a liga galega, foi o gran balance da temporada 2008-2009 no Sporting Pontenova.
O equipo de terceira autonomica comezou o curso sembrando dudas acerca das posibilidades reais de subir de categoria. Logo dunha pretemporada atipica despois da marcha forzada de Roberto Ramallal, Sachas fixose cargo do Sporting co obxetivo unico do ascenso. A primeira volta foi moi irregular, cos pontenoveses incapaces de asentarse no grupo de favoritos, e sempre a estela de equipos como Catro Roldas, Candelaria ou Meira. Pero a espectacular segunda volta, donde se deixaron escapar moi poucos puntos, acabou por confirmar un ascenso que se produciu no ultimo minuto do ultimo partido, logo da victoria ante o Codesido e dun penalti fallado polo Candelaria no partido ante o Catro Roldas. Asi, a proxima temporada o Sporting Pontenova volvera, un ano despois, a segunda autonomica co obxetivo inicial da permanencia, pero sen renunciar en ningun momento a cotas mais altas.
O equipo xuvenil foi unha autentica sorpresa para todos. Logo de duas temporadas ocupando os ultimos postos da taboa, nas duas ultimas xa se comezaba a notar unha gran melloria na calidade do plantel, pero poucos pensaban chegar ata donde se chegou. A competicion comezaba de maneir impecable, co Sporting contando os seus partido por victorias. Regularidade e a palabra coa que se pode definir a impresionante temporada do equipo, pois non abandonou en ningun momento o trio de cabeza, ocupando o segundo posto por detras do Sagrado Corazon durante practicamente toda a Liga. Nese lugar remataria a campaña, logo de 20 victorias en 26 partidos. Despois disto comezou a fase de ascenso a liga galega, e o primeiro cruce coa Milagrosa solventouse de maneira brillante con remontada incluida na Mina, nunha das mellores tardes que se recordan nese campo. O soño acabaria ante o Galicia Gaiteira, pero esta temporada permanecera no recordo de xogadores e aficion durante moito tempo.

No hay comentarios: