martes, 12 de mayo de 2009

3ª Autonomica: O Sporting remata a temporada caendo na Copa ante o Pastoricense (1-0)

O Sporting Pontenova non puido redondear unha gran temporada cun bo papel na Copa Diputacion. Os de Sachas non puideron superar a primeira ronda desta competicion logo de caer na primeira ronda ante o Pastoricense. Logo do 1-1 rexistrado na Mina no partido de ida, os pontenoveses afrontaban este partido coa conviccion de lograr polo menos un gol que puxera en apuros a un Pastoricense que logrou a victoria coa lei do minimo esforzo. Foi un partido sen moita historia, con dous equipos aguerridos que en todo momento se mostraron convencidos das suas opcions para superar a eliminatoria. Un solitario gol dos locais bastou para que se levasen o partido. A pesar da derrota, as oportunidades mais claras foron para o Sporting Pontenova, as mais importantes para Puente, que puido batir o porteiro local en varias ocasions. Preto do final, o Pastoricense puido doblar a ventaxa por medio dun penalti, pero o lanzamento foi rexeitado polo pau.
Con esta eliminacion a temporada remata para un Sporting Pontenova que cumpliu co obxetivo marcado o principio da mesma, o ascenso a Segunda Autonomica. Logo deste partido, tamen se produciu outra boa noticia como e a renovacion por outra temporada de Sachas e de Cholas, que seguiran outra campaña mais a fronte do equipo pontenoves.

No hay comentarios: