lunes, 1 de diciembre de 2008

3ª Autonomica: O Sporting volve a gañar na Mina, esta vez ao Matela (4-3)

Partido feo o visto o sabado no municipal da Mina, marcado principalmente polo mal estado do terreo de xogo por culpa da choiva e marcado tamen pola mala actuacion do arbitro. O partido acabouno gañando un Sporting Pontenova que nunca baixou os brazos, a pesar de que o Matela conseguiu igualar o marcador hasta en duas ocasions. Comezou xogando mellor o Sporting, e o primeiro gol chegaria cedo, nun balon que recibe Puente a dous metros do medio campo, supera o seu defensor por velocidade e define enganando o porteiro. Minutos despois, un dudoso penalti daballe a igualada o Matela. A primeira metade seguiu con dominio dos locais, que conseguirian o 2-1 cun poderoso remate de cabeza de Rivas a saida dun corner. E asi se chegaria o descanso. A segunda metade principiaria cun Sporting excesivamente relaxado, e froito deso, nunha xogada dentro da area o equipo visitante volveria a empatar o encontro. E a partir dese gol comezaron os mellores momentos dos locais, creando ocasions unha detras de outra e trenzando boas xogadas, a pesar do mal estado do campo, que volvian tola a defensa visitante. Pero o gol chegaria a balon parado, nunha falta que transformou Fran cun golazo pegado o pau, imposible para o porteiro. Xa por diante no marcador, o Sporting continuou asediando a porteria rival e nunha bonita combinacion na banda esquerda, Cholas recibiu o balon chegando dende atras e, diante do porteiro, definiu con seguridade subindo o cuarto gol no marcador da Mina. Pero o que parecia o gol da sentenza non foi tal, pois cando ian 3 minutos de desconto, o arbitro decidiu que ainda non lle apetecia acabar o partido e inventouse un libre indirecto dentro da area local. O Matela sacou e estrelou o balon na barreira, e logo de varios rebotes, a pelota acabou nas mans de Juanqui. E como o ultimo xogador no que rebotou o balon foi un defensor local e o arbitro ainda queria un pouco mais de emocion, sinalou cesion e outro libre indirecto a metro e medio da porteria. E esta vez si, o balon acabou dentro. Ainda asi, o partido seguiu outros 3 minutos ata que, cando xa ian 8 de desconto, o arbitro decidiu poñer fin ao encontro.

Con esta victoria o Sporting continua coa sua racha na Mina, e non perde a estela dos equipos de arriba, conservando intactas as opcions de ascenso. E tamen toca agradecer a xente que se acercou a Mina, pois tiveron que aguantar choiva e un intenso frio durante os 90 minutos.

No hay comentarios: