miércoles, 17 de diciembre de 2008

3ª Autonomica: A imbatibilidade do Candelaria remata na Mina (3-0)

Gran partido o visto na Mina o sabado. O Sporting pasou por encima do Candelaria (que chegaba lider e invicto) de forma contundente. Como ven sendo habitual ultimamente, o cesped non auguraba un partido bonito, pois volvia a estar impracticable. Notouse sobre todo na primeira parte, co xogo moi trabado e cos locais incapaces de superar a un lider que se mostraba moi solido atras, ainda que sin levar demasiado perigo a porteria de Juanqui. Solo destacar unha xogada de Puente que non foi capaz de definir solo diante do porteiro, pois o balon quedou parado nunha poza. O primeiro tempo rematou como empezou. Pero na segunda parte as cousas ian cambiar moito. O Sporting saliu especialmente enchufado e desde o primeiro minuto mostrou as suas intencions. O primeiro gol chegaria nunha xogada pola banda dereita, cun centro a area que rematou Puente de primeiras, batindo cun gran disparo o porteiro visitante. O xogo seguiria igual tralo gol, cos locais levando perigo e cos visitantes tratande de acercarse, sen moito exito, a area local. Pouco despois chegaria o segundo, outra vez de Puente, que definiu cun tiro cruzado diante do porteiro cervense. E a sentenza viria por medio de Ivan, minutos despois, cun tiro dende o punto de penalty que entrou pegado o pau. E asi, con 3-0, rematou a imbatibilidade dun Candelaria que sigue lider unha semana mais.

E despois deste partido o Sporting Pontenova volve a recortar distancias cos primeiros, situandose 5º a 3 puntos do Meira, 3º clasificado. O seguinte partido sera o domingo 21 de decembro en Codesido.

No hay comentarios: