martes, 9 de diciembre de 2008

3ª Autonomica: Derrota en Moman logo de desperdiciar un gol de ventaxa (2-1)

Partido raro o disputado o Sabado no campo de Moman. Sabiase que iba ser un rival dificil, e asi foi, e ademais o terreo de xogo non axudou, pois era un barrizal. O partido principiou cos equipos intentandose adaptar as condicions do campo, e pouco a pouco o Sporting fixose co control do partido. Ainda asi, pouco que destacar no primeiro tempo, algun acercamento dos locais e tamen dos visitantes, sobre todo unha boa ocasion de Fran que non rematou dentro da porteria por pouco. 0-0 no descanso e o campo cada vez en peor estado. O segundo tempo comezou tamen co partido controlado polo Sporting, que chegaba con peligro a porteria local pero non era capaz de abrir o marcador. Seria mediado o segundo tempo cando, nunha xogada embarullada dentro da area, Ivan remata e o balon pasease de poste a poste sen entrar na porteria, e no rechace Javi conseguiu o primeiro gol da tarde. E a partir de ahi, o equipo, froito da relaxacion que lle produciu ir por diante no marcador, comezou a conceder facilidades ao Moman, que empezou a controlar o partido e a levar peligro con balons colgados a area. Nunha desas,quedando 10 minutos, un xogador local conseguiu internarse na area por velocidade e acabou sendo derribado por Gene. O arbitro sinala penalty e gol, que lle deu alas os chairegos para buscar o segundo. E chegaria quedando 5 minutos, nunha falta lonxana que botou a un metro da porteria e acabou dentro. Despois deste gol, o Sporting buscou o empate desesperadamente e acercouse con perigo nalgunha ocasion, e como froito de estar volcado ao ataque o Moman tamen puido ampliar a ventaxa, pero o marcador non se moveria.
Despois disto, a distancia cos de arriba ampliase a 7 puntos. O proximo partido sera na Mina, fronte o Candelaria o proximo fin de semana, coa volta dos xogadores que foron baixa neste encontro, como Carlos, Cholas ou Maqueto, que voltara despois de mais dun mes fora dos terreos por lesion. E outra vez agradecer a xente que se desplazou a Moman co equipo.

No hay comentarios: