martes, 30 de diciembre de 2008

3ª Autonómica: O Sporting gaña en Codesido e segue na loita polo ascenso (0-1)

O Sporting Pontenova conseguiu un importante triunfo a domicilio no campo do Codesido. O partido ante o equipo chairego resolveuse no primeiro minuto, cun gol de Maqueto. O encontro foi bastante trabado por culpa do xogo duro do Codesido, que decidiron frear a maior calidade dos pontenoveses a base de patadas. Froito diso, Maqueto tivo que abandoar o campo na segunda metade despois de recibir unha brutal entrada do porteiro local, golpeándose a cabeza contra o chan na caída. A pesar de haber oportunidades para ambos conxuntos, o Sporting tivo o partido controlado o partido en todo momento e soubo manter esa ventaxa, coa que rematou o partido.
Esta victoria permitelle ao equipo de Sachas continuar na loita polos postos de ascenso a segunda rexional, situándose 5º ao remate da primeira volta do campeonato a 4 puntos do 3º clasificado, o Meira.

No hay comentarios: