martes, 15 de junio de 2010

Aut. Xuvenil, Fase de Ascenso: O fútbol volve a ser cruel co Sporting (2-1)

Ambiente de gala o que presentaba A Mina o pasado sábado para presenciar o Sporting Pontenova - Noia, no que os locais tiñan que remontar un 2-0 para ser equipo de Liga Galega. No partido de ida os de Moirón xa se mostraran superiores en todo, excepto no resultado, polo que as esperanzas para a volta estaban intactas e as ilusións ó máximo.
Era ou todo ou nada, polo que o entrenador pontenovés apostou por un once con só tres defensas, e visto o comezo parecía que a xogada lle ía saír da mellor maneira posible. No minuto 2, falta a 25 metros da portería e Leivas, cun trallazo imparable, clava o balón na escadra subindo o primeiro ó marcador. O reto estaba máis cerca. A partir de ahí, monólogo pontenovés. As ocasións non pararon de chegar, a máis clara por parte de Turbo que cabeceou alto un centro de Antón cando o porteiro estaba xa batido. Tontxu, de falta directa, ou Arango con un tiro lonxano tamén puideron ampliar a ventaxa pero os seus disparos non atoparon porta. Matelo tamén estivo moi activo, pero o férreo marcaxe ó que o someteron os centrais do Noia fixo que estivese moi controlado durante todo o encontro, aínda que gozou de algunha oportunidade pero seguiu negado de cara ó gol. Cristian e Antón tamén tiveron alternativas pero, pese ó control apabullante do Sporting, ó descanso chegouse co solitario gol de Leivas quedando 45 minutos por diante para lograr a machada.
Iniciouse o segundo tempo cun guión calcado ó primeiro. Primeiros minutos, saque de banda cerca da área do Noia, Roxo que saca con forza e Leivas, no borde da área pequena, cabecea sen mirar superando por alto ó porteiro visitante. Estalla A Mina co gol que significaba empatar a eliminatoria con 40 minutos aínda por disputarse. O tanto espoleou aínda máis ós de Moirón e seguiron buscando o terceiro con insistencia, tanto que os defensores barbacenses estaban comezando a desesperarse e algún incluso se xogou a expulsión, sobre todo cunha entrada a Matelo que mereceu a roja pero foi perdoada polo árbitro. O xogo directo comezou a ser un recurso moi utilizado polos locais, pero pouco efectivo xa que os dianteiros incurriron en fóras de xogo en numerosas ocasións. O Noia, polo momento, seguía sen aparecer pola Mina. Leivas puido lograr o hat-trick cun remate de cabeza, pero o balón marchou desviado por pouco. Un dos protagonistas deste acto foi Christian, especialmente activo e que foi un auténtico pesadelo para a zaga blanca, á que desbordou unha e outra vez e incluso puido conseguir o terceiro cun gran disparo á saída dun córner que se marchou rozando o longueiro. Tontxu tamén rozou o tanto pero o seu centro-chut foise lamendo a escadra. Pero a ocasión máis clara neste segundo tempo foi de novo para Turbo, que despois de regatear ó porteiro, o seu disparo foi salvado por un defensor na línea de gol cando Matelo esperaba sen marca na área pequena, pero o dianteiro de Pol non foi capaz de velo. O tempo acabábase e o terceiro non daba chegado. Turbo volveu a estar cerca, pero a súa chilena foise alta. E cando o todo apuntaba á prórroga, xa no desconto, chegou o peor desenlace posible. Nunha das escasas chegadas do Noia en toda a eliminatoria, un disparo dende o borde da área entrou pegado ó pau da meta de Xoel, silenciando a Mina. Despedíanse así outra vez os gualdinegros do soño da Liga Galega, pois eran necesarios 2 goles para superar a eliminatoria e só quedaban 2 minutos por xogarse. Non puido ser, non houbo tempo para máis.
Da peor forma posible, da máis cruel, rematou de novo a andadura do Sporting Pontenova na Fase de Ascenso a Liga Galega. O guión foi similar ó do pasado ano co Galicia Gaiteira, sendo superior ó rival pero quedando eliminado sobre todo pola falta de acerto de cara a porta, aínda que facendo un papel excelente sobre o campo. A diferencia, que nesta ocasión a eliminatoria era a definitiva e o obxetivo tocouse cos dedos. Sen embargo, esta xeración de xogadores, dos que moitos abandonan o equipo xuvenil ó rematar esta etapa, quedará sempre no recordo dun pobo que se volcou coma nunca co Sporting, enchendo a Mina e teñindo de gualdinegro tanto as súas gradas como as de Porto do Son ou Noia, dónde deron exemplo de ser unha gran afición desplazando arredor de 100 persoas á outra punta de Galicia. Pero como a historia xa lles debe dous ascensos, seguro que nos próximos anos o verán compensado, algo que esperemos o poidamos disfrutar co primeiro equipo, que recollerá os frutos desta excelente xeración. Tanto a eles como ós que non seguirán con nós só queda felicitalos e darlles as gracias por defender con tanto orgullo e esforzo estas cores.

NORABOA RAPACES

Fotos: Carlos Fontano

No hay comentarios: