miércoles, 27 de enero de 2010

Aut. Xuvenil: Victoria traballada na Mina ante un correoso Meira (2-0)

O do sábado non foi precisamente o mellor partido do Sporting nesta temporada. O rival non era o máis doado xa que se cerraba moi ben atrás e o campo, en moi mal estado, non axudaba a ver o fútbol de outras tardes.
A primeira parte comezou cun claro dominio do balón que se prolongaría durante a maior parte do partido. O Meira, moi pechado atrás, non deixaba ocos pero aínda así os rapaces de Moirón lograron rápidamente o primeiro gol, obra de Tontxu cun disparo cun disparo cunha rosca perfecta que se colou pola escadra da portería logo de coller un rexeite na frontal. Logo, o equipo local non cesou no seu empeño de aumentar o resultado, pero Antón, Ayoub por tres veces e Turbo non foron capaces de lograr marcar.
A segunda parte tivo o guión da primeira cun Sporting dominador nun campo case impracticable. As oportunidades seguíanse sucedendo pero sen sorte. A entrada de Matelo por Ayoub servíu para que o primeiro nada máis saltar ó campo dispuxera de dúas claras oportunidades pero foi Turbo cunha internada polo centro quen batiu por baixo ó porteiro visitante subindo o segundo ó marcador. Logo do gol da tranquilidade chegou o carrusel de cambios por parte de ambos equipos ata que finalizou o partido. Unha vez máis, é de agradecer o apoio de toda esa xente que semana tras semana vai apoiar ó equipo, tanto na Mina como nos desplazamentos.
O vindeiro encontro será na Marosa, ante o Burela, un bo equipo que conseguiu empatar co Foz na anterior xornada.

Crónica enviada por Sergio Arango.

No hay comentarios: