
Creceu en intensidade o partido co inicio do segundo período. Os de Sachas gañaban terreo co paso dos minutos e as oportunidades non tardaron en producirse. Javi e Javín foron un auténtico incordio para os defensores rivais durante os segundos 45 minutos, e foi o pontenovés quen tivo a primeira ocasión nunha xogada na que disparou case sen ángulo cando varios compañeiros esperaban o "pase da morte", pero a pelota rematou en córner desviado polo porteiro. As bandas tamén foron un recurso bastante utilizado gracias á calidade e ó desborde de Iván e de Otto, así como as aparicións de Marcos Conde subindo a banda dereita. Por alí chegaron en varias ocasións pero por un motivo ou por outro non se materializaban. Mediado o segundo tempo chegou o ansiado empate. Xogada moi parecida á anterior oportunidade de Javi, pero nesta ocasión consegue sacar o pase atrás e aparece Javín para empuxar o balón conseguindo o merecido empate para os de Sachas. O partido estaba moi controlado e parecía cuestión de tempo que chegara o gol da victoria, e aínda máis cando os da cidade diocesana quedaron con un home menos por unha expulsión por doble amarela. Outra vez Javi tivo o gol nas súas botas, pero cruzou demasiado o balón nunha xogada na que encarou só ó gardameta visitante. Os minutos pasaban e o marcador non se movía, pero os pontenoveses seguían asediando o marco visitante. Quedando 5 minutos tívoa Javín nunha xogada embarullada dentro da área, pero o seu remate de pícaro sacouno o porteiro mindoniense cando o balón se colaba pola escadra e cando xa se cantaba o gol na Mina. Pero a mala sorte volveuse a cebar co Sporting. No minuto 95 e nun dos únicos acercamentos do Mondoñedo á meta de César neste segundo tempo, o balón acaba en córner. A zaga pontenovesa despexa o balón, que cae nos pés dun xogador visitante que volve a colgar o balón na área, collendo á defensa sportinguista saíndo, e deixando sós a 3 rivais. O árbitro non ve fóra de xogo e a xogada acaba no gol que significou a derrota. Non houbo tempo para máis.
Con esta derrota o Sporting queda no posto 13º con 18 puntos, a 3 do 14º, o Parga, pero só a 3 do 9º, posto que agora ocupa o Mondoñedo. Os dous últimos da clasificación son o San Ciprián e o Candelaria, con 5 e 12 puntos respectivamente. Precisamente os de Rúa serán os próximos rivais dos de Sachas, o próximo fin de semana na localidade cervense, nun partido que será tamén clave para alonxarse dos postos de perigo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario