viernes, 22 de enero de 2010

A xornada

  • Sábado 23 de Xaneiro, 16:00 h.
2ª Autonómica, Grupo 6
Xornada 18
A Granda (Rúa, Cervo)
S.D. Candelaria - Sporting Pontenova

Afrontan os de Sachas un novo test ante un rival directo, o Candelaria. Situado na penúltima posición da táboa, os de Devesa protagonizaron unha bonita loita co Sporting ó final da temporada pasada por lograr o ascenso, facéndose os da Pontenova coa última plaza que daba acceso ó salto de categoría, aínda que os de Cervo acabarían ascendendo pola desaparición do Muras. Vendo os precedentes, o ánimo de revancha será un aliciente máis para presenciar un partido cheo de intensidade nas últimas edicións, e que significará un impulso importante de cara á permanencia para o que resulte vencedor.

  • Sábado 23 de Xaneiro, 16:00 h.
1ª Autonómica Xuvenil, Grupo 8
Xornada 19
A Mina (A Pontenova)
Sporting Pontenova - Meira F.C.

"Derbi" comarcal o que se disputará mañá sábado na Mina. O Sporting, líder destacado da categoría, recibe a un Meira que se motiva especialmente neste tipo de partidos, polo que será un rival perigoso e que seguramente traerá un bo número de afeccionados ás bancadas debido á proximidade entre pobos, polo que o duelo entre afición tamén será importante. De saír gañadores, os de Moirón darán outro pequeno paso para acabar a Liga como primeiro clasificado.

No hay comentarios: