domingo, 13 de septiembre de 2009

Xuveniles: Exhibición do Sporting Pontenova ante o Sagrado Corazón (0-6)

Un partido para recordar o que protagonizou o equipo xuvenil do Sporting nas Gándaras. Marcar 6 goles a un equipo fóra da casa non é doado e moito menos tendo en conta que se xogaba en herba artificial e que era o Sagrado Corazón, que o ano pasado non perderan ningún partido, cedendo só 2 puntos precisamente ante os pontenoveses na Mina, e acabaran gañando a liga.
O partido comezou cos dous equipos bastantes seguros atrás e imprecisos arriba. Pouco a pouco o Sporting foi collendo o mando creando ocasións ata que Matelo arredor do minuto 30 conseguiu o primeiro para os visitantes logo dun pase de Arango e sortear ao porteiro nun man a man. Este gol tería moita importancia, sobre todo porque xogaban co vento en contra e estaba a soplar bastante. Ata o descanso o Sagrado intentouno pero encontrouse unha e outra vez cunha gran defensa que non cometeu ningún erro en todo o partido. As únicas ocasións que tiveron chegaron a balón parado e en ningún momento foron claras. Logo do descanso e xa co aire a favor o Pontenova xogou o seu mellor fútbol e empezaron a caer os goles. Outro de Matelo, un de Bruno á saída dun córner, Turbo de penalti , Bruno noutro córner e para finalizar gol de Antón logo dunha xogada persoal na banda esquerda regateando a 3 e engañando o porteiro rival. Destacar o tremendo partido que fixo Bruno tanto tanto en defensa, secando ao dianteiro do Sagrado que o ano pasado anotara máis de vinte goles e cortando todos os balóns de perigo, como en ataque, marcando 2 goles de cabeza.
Con este partido o Sporting colócase con 6 puntos en 2 partidos e deixa atrás a dous dos rivais máis fortes da liga como eran o Pol e o Sagrado. Para sábado que ven toca partido na casa contra o Ribadeo. É de agradecer o apoio incondicional que recibe o equipo tanto nos partidos da casa coma nos de fóra.

Crónica enviada por Sergio Arango.

No hay comentarios: