domingo, 27 de septiembre de 2009

2ª Autonómica: O Sporting remonta pero acaba cedendo un empate ante o Candelaria (2-2)

Sígueselle resistindo a victoria ó Sporting Pontenova logo de 3 xornadas disputadas. No partido de onte estivo moi cerca, pero un gol do Candelaria de falta directa nos últimos minutos provocou que se escapasen da Mina outros dous puntos. Non comezou ben o partido para os de Sachas, que vían como os visitantes se ían facendo co control do xogo pouco a pouco, e comezaron a dispoñer de ocasións para adiantarse diante dun Sporting que saíu ó campo outra vez mermado polas múltiples baixas, xa que onte non xogaron Fran, Marcos Conde, Pablín, Iván, Murias e Costel. A nota positiva foi o debut, con gol incluído, de Javín. Os pontenoveses non foron capaces de crear perigo en toda a primeira parte, e esa circunstancia aproveitouna un Candelaria que se adiantou á media hora facendo xustiza ó visto sobre o céspede, pois os locais seguían sen facer acto de presencia no campo da Mina. Chegaríase así ó descanso, ca derrota pola mínima. As cousas cambiaron no segundo tempo. A veteranía e experiencia da plantilla do Candelaria comezouse a notar, e o xogo duro e as perdas de tempo apareceron máis do normal. Os de Sachas saíron ó campo con outra actitude e convencidos da remontada, e a primeira ocasión foi unha falta botada por Manu que sacou con apuros o porteiro visitante. Javi tamén tivo un par de ocasións de gol pero non foi capaz de aproveitalas. As oportunidades neste segundo tempo cambiaron de bando e o empate estaba a caer, e chegaría noutra falta. Foi obra de Maqueto, que executou maxistralmente un libre directo que se colou pola escadra da portería. Despois do gol acabou expulsado, por agresión, o porteiro do Candelaria. Cun rival con un menos e con tempo por diante, o Sporting seguiuse animando e continuou avasallando a portería visitante. O tanto da remontada chegaría minutos despois, logo dun disparo lonxano de Gene que non foi capaz de blocar o gardameta e Javín, moi atento, cazou o rechace poñendo o 2-1 no marcador. Bo debut do dianteiro de Trabada, que demostrou boas maneiras na punta de ataque pontenovesa. Apareceron as prisas despois dese gol no conxunto visitante, e logo de estar perdendo tempo durante case todo o partido víanse por detrás no marcador. Gozaron de algunha oportunidade para volver a poñer o empate, e conseguírono con outro gol de falta, dende o lateral da área, cun disparo que superou a Juanki polo primeiro pau situando as tablas no marcador. Os 90 minutos estaban xa cumplidos, pero coas múltiples pérdidas de tempo o árbitro non tiña trazas de sinalar o final. Volveron a gozar os de Sachas de oportunidades, nalgún saque de esquina o sobre todo, na última xogada do partido, que acabou cun centro de Puente que se envenenou e petou no pau da portería dos de Rúa. Logo de 14 minutos de desconto, o árbitro deu por finalizado un encontro moi intenso, sobre todo na segunda parte.
Logo de 3 xornadas sen vencer, o Sporting terá unha nova oportunidade o próximo sábado na Lomba, en Meira, ante o conxunto local.

No hay comentarios: