domingo, 13 de septiembre de 2009

2ª Autonómica: O Sporting acusa a falta de pegada e cae na Mina ante o Pol (0-2)

Comeza con derrota a temporada para o Sporting Pontenova. O Pol, entrenado por Miranda, saíu vencedor no primeiro choque
do novo curso, ante un conxunto local que dispuxo de numerosas oportunidades, algunhas moi claras, para sacar un resultado positivo. Os de Sachas presentábanse escasos de efectivos polas baixas de Gene, Juanqui, Fran, Iván, Pablín, Carlos, Javín e Joel, pero aínda así deron a cara e puideron levarse máis premio diante dun Pol moi práctico que sacou proveito das súas ocasións e acabou levándose os tres puntos da Mina. Comezou ben o partido para o Sporting, e puidéronse adiantar con unha boa vaselina de Rivas que, co porteiro xa superado, estrelouse no largueiro, e o rechace non puido ser aproveitado por Puente, que chegaba moi forzado e, incomprensiblemente, mandou o balón fóra. Pouco despois chegaría o primeiro tanto da tarde. Logo dun gran centro dende a banda dereita e un mellor remate de cabeza á escuadra, adiantábase o Pol cun golazo en toda regla. Reaccionaron ben os locais e Javi tivo outra boa oportunidade plantándose sólo diante do porteiro, pero non foi capaz de definir. Co 0-1 fóronse os xogadores ós vestuarios. Na segunda parte o guión non cambiou demasiado. O Sporting seguía chegando con perigo, pero foi o Pol quen conseguiu o segundo, logo dunha xogada larga que acabou co balón no fondo da portería pontenovesa cun remate oportunista no segundo pau. A partir de ahí, co partido case resolto, os locais seguiron perdonando e, sobre todo a balón parado, puideron reducir distancias no marcador. Puente tivo outra boa oportunidade, pero a máis clara foi de Manu, que nun saque dende a esquina e totalmente sólo enviou o balón ó largueiro logo de que o porteiro desviase o seu remate de cabeza. Así rematou un partido que deixou a sensación de que se podía sacar algo positivo, e demostrando que queda marxe de mellora pois as numerosas baixas non deixaron ver todo o potencial do Sporting. As notas positivas do choque foron os debuts de Murias e Marcos Conde. O primeiro procede dos xuveniles e o segundo retorna á Pontenova logo de pasar 3 temporadas no Ribadeo. O tamén procedente do equipo xuvenil Costel terá que esperar a súa oportunidade, xa que onte estivo os 90 minutos no banco. Nas seguintes xornadas debutarán tamén Joel e Javín.
O seguinte compromiso dos de Sachas vai ser ante o Mondoñedo Ciudad, e disputaráse o próximo domingo na cidade diocesana.

No hay comentarios: