martes, 24 de marzo de 2009

3ª Autonomica: Victoria sen brillo ante o Terras do Miño (2-0)

Martes 24 de Marzo de 2009

O Sporting Pontenova recibia o pasado xoves o Terras do Miño co obxetivo de conseguir unha victoria que lle permitise seguir pelexando polo ascenso. E asi foi, os pontenoveses lograron a victoria nun partido que non vai pasar a historia.
O futbol dos de Sachas non foi excesivamente bonito, pero si practico, pois non pasaron apuros en ningun momento. A primeira parte comezou cos locais dominando, ante un Terras do Miño que xa se via superado case antes de sair do vestiario. A primeira ocasion clara foi de Otto, que enviou un balon o largueiro dende 25 metros. Minutos despois, nun corner botado por el mismo, chegou o primeiro gol, logo de que un defensor chairego enviase o balon o fondo da sua propia porteria. Asi se chegaria o descanso. A segunda metade comezaba como un calco da primeira, cos pontenoveses dominando e controlando o xogo en todo momento, ainda que sen crear moitas ocasions. Unha das mais claras tivoa Ivan Lopez, que logo dunha xogada individual non foi capaz de definir ante o porteiro rival. Pouco despois chegaria o segundo gol. A saida dun corner, a defensa despexa o balon e vai caer os pes de Puente, que dende a frontal da area envia o balon a escadra da porteria. Golazo que significou o 2-0 definitivo.
Con este triunfo, os de Sachas seguen na loita, xunto co Luis Pimentel, por desbancar a algun dos equipos que ocupan as plazas de ascenso.

No hay comentarios: