lunes, 2 de marzo de 2009

Xuvenil: Sufrida victoria ante un correoso Meira (3-2)

02 de Marzo de 2009

Os xuveniles do Sporting Pontenova enfrontabanse a maña deste sabado ante un dos partidos mais peligrosos dos que quedan de liga. E o guion cumpliuse perfectamente. Un Meira moi ben plantado no campo puxo en serios problemas a o equipo de Moiron, que ata a segunda metade non puido realizar o seu xogo e estivo a punto de ser doblegado polo conxunto meirense. Na primeira parte os visitantes fixeronse donos e señores do encontro, e chegaron ao descanso con ventaxa, 0-1. O Sporting parecia que non estaba no campo e non gozou de ningunha ocasion salientable, e o peor e que se estaba vendo superado polos de Meira. Pero a segunda metade comezou de maneira moi diferente, e no minuto 15 os locais xa mandaban no marcador gracias a dous goles de Jorge. Co 2-1, o Sporting relaxouse o os visitantes volveron a empatar nunha xogada desafortunada. Pero a falta de 8 minutos para o remate, Andres Seoane fixo o definitivo 3-2, dandolle aos pontenoveses 3 puntos importantisimos para non perder a estela de Foz e Sagrado Corazon, os equipos que actualmente ocupan as plazas de ascenso.
Con esta victoria, o Sporting Pontenova continua terceiro, pero con un partido menos que os focenses, segundos na taboa. A proxima xornada toca desplazamento a Cospeito para enfrontarse ao antepenultimo clasificado.

No hay comentarios: