martes, 31 de marzo de 2009

3ª Autonomica: O Sporting golea en Matela e segue soñando co ascenso (1-4)

Martes 31 de Marzo de 2009

O Sporting Pontenova conseguiu unha goleada na sua visita o Matela e segue coas posibilidades de ascenso intactas. O partido comezou da mellor maneira posible, pois no primeiro cuarto de hora os de Sachas xa vencian por 0-2. O primeiro gol foi conseguido por Fran, cazando un rechace dentro da area, e o segundo, poucos minutos despois, foi obra de Garboso cun remate de cabeza a saida dun corner. Destacar que este foi o primeiro gol deste xogador co Sporting. E cerca do descanso chegaria o gol do partido, un gol dos que se ven poucas veces nun terreo de xogo. O porteiro Juanqui conseguria marcar cun saque directo dende a porteria, que se colou no marco visitante logo de botar no borde da area. E asi se chegario o descanso, con 0-3 a favor dos visitantes. A segunda metade comezou coa tranquilidade dos tres goles no marcador, e quizais froito desa relaxacion o Matela conseguiu acortar distancias. Pero mediado o segundo tempo foi Rivas quen logrou o 1-4 co que se chegou o final.
Logo desta victoria, o Sporting Pontenova segue dependendo de si mesmo para conseguir o ansiado ascenso. O proximo fin de semana vaise enfrontar na Mina o Moman, noutro partido clave para as suas aspiracions. O encontro sera o sabado as 15.45, e tamen cabe recordar que unha despois do remate deste, as 18.45, os xuveniles disputaran ante o Xove un partido no que intentaran asegurar a sua participacion na fase de ascenso a Liga Galega. Dende aqui queremos pedir a toda a aficion da Pontenova que se acerque ata a Mina apoiar os dous equipos, pois os dous partidos seran autenticas finais.

No hay comentarios: