domingo, 15 de marzo de 2009

Xuvenil: Importantísima e sufrida victoria na Mina ante o Burela (4-3)

15 de Marzo de 2009

Importantísima victoria do Sporting xuvenil contra o Burela, que era o última rival dos fortes que podía sacar algo positivo da Mina.O partido empezou ben para os locais, que se adiantaban por medio de Jorge tras un bo pase interior e que soamente 10 minutos despois facía o 2-0 picando o balón por encima do porteiro tras un gran pase de Matelo,e así transcurriron os minutos ata que no 45 da 1ª parte chegou o 2-1 que puxo nerviosos ós locais.Tralo descanso, torcianselle as cousas o Sporting,tras unha xogada individual de Jorge que acabou no largueiro,e un remate de cabeza de Christian que tamén acabou dando no largueiro, chegaba a xogada clave do partido, penalty e explusión a prol do Burela que transformaban no 2-2.O Sporting tirou de casta con un home menos,e Jorge de novo facía o 3-2 tras convertir un penalty feito a Costel,e cando parecía que este sería o resultado difinitivo, chegou o 3-3 tras o saca dunha falta visitante.Cun home menos, e cun desgaste físico considerable, cando quedaban 5 minutos para o remate do partido, Matelo facía o xa difinitivo 4-3 tras varios rechaces.E así rematou este impresionante partido vivido na Mina,cunha nova victoria local.Cabe destacar, o tropezo do Foz na sua visita a Alfoz, co cal o Sporting Pontenova se situaría 2º na clasificación con dous puntos de vantaxe sobre el si se gana o partido aplazado que se disputa o xoves contra o último clasificado,o Iberia C.F.Na próxima semana o Sporting disputará dous partidos,un o xoves contra o último clasificado en Barreiros, e o sabado o trascendental partido de Foz, no que si gana o Sporting situariase 5 puntos por encima do Foz e cun calendario que non daría lugar a sorpresa, tamén sería positivo un empate,e no caso de derrota, ao Foz quedalle por desputar ainda 3 partidos importantisimos nun díficil calendario que teñen despois do partido Foz-Sporting.

Crónica enviada por JORGE MOIRON.

No hay comentarios: