martes, 24 de marzo de 2009

3ª Autonomica: O Sporting Pontenova metese de cheo na loita polo ascenso vencendo o Meira (1-0)

Martes 24 de Marzo de 2009

O Sporting Pontenova derrotou o Meira na Mina o pasado sabado, nun derbi comarcal moi disputado no que calquera dos dous equipos puido conseguir a victoria, aunque no global do partido, os pontenoveses mereceron o triunfo que acabarian conseguindo. A primeira parte transcurriu tal como se esperaba de dous equipos que estan pelexando polo ascenso, ainda que as oportunidades que houbo non acabaron en gol, chegando o descanso con taboas no marcador. No segundo tempo a intensidade subia ainda mais, pois o tempo botabase encima e os dous conxuntos necesitaban vencer. Os de Sachas intentaban controlar o xogo, pero o Meira non baixaba o liston e tamen poñia en apuros os locais. E foron os visitates quenes tiveron a mellor ocasion para adiantarse no marcador, cun penalti que detivo o porteiro do Sporting Juanqui. Isto deu ainda mais moral aos da Pontenova, que conseguirian o gol da victoria quedando pouco menos de 10 minutos para o remate. Nunha falta lateral, Maqueto peina un balon que finalmente Puente envia o fondo da rede, cunha volea que se cola pola escuadra meirense. Este gol significou o 1-0 co que rematou o encontro.
Despois desta victoria, o conxunto de Sachas continua terceiro na clasificacion, pero a so 3 puntos do Meira e do Catro Roldas, equipos que ocupan duas das tres prazas de ascenso. Na proxima xornada estes dous conxuntos enfrontanse entre si, polo que o Sporting Pontenova poderia rematar o fin de semana entre os tres primeiros. O proximo partido sera ante o Matela a domicilio.

No hay comentarios: