lunes, 30 de marzo de 2009

Xuvenil: O Alfoz cae na Mina (4-1) e so queda 1 punto para asegurar a fase de ascenso

Luns, 30 de Marzo de 2009

Nova victoria do Sporting xuvenil,esta vez a costa do Alfoz que chegou a Mina igual co equipo local plagado de baixas polas numerosas sancións.
O partido foi tranquilo, o Sporting adelántabase no marcador cun gol obra de Joel fruto dunha xogada de estraxia e logo Jorge poñía o 2-0 picando o balón por encima do porteiro tras un gran pase de Matelo.Así se chegou o descanso e na reanudación, no minuto 1 o Alfoz acortaba diferencias e metía o medo no corpo ós locais, pero Matelo con dous goles,un un deles cun tremendo disparo dende fora da area e outro culminando unha boa xogada de equipo senticiaba o partido e poñia o difinitivo 4-1. O máis destacable do partido sen duda a actuación dos xogadores menos habituais, o Sporting chegaba a este partido con 5 baixas e foron suplidas a perfección por estes xogadores que mostraron un gran nivel e que unha vez máis puxeron de manifesto o gran conxunto que teñen os xuvenís,e destacar tamén o debut de Bolera nesta campaña, que por motivos académicos apenas pode asistir os adestramentos, e tivo a ocasión de marcar o seu segundo gol como xogador do Sporting pero non puido culminar a xogada.

Cronica feita por Jorge Moiron.

No hay comentarios: