miércoles, 18 de mayo de 2011

Copa Diputación: O Mondoñedo vence na Mina e deixa ó Sporting fóra na segunda ronda

Acabou o soño da Copa Diputación. Parecía que este podía ser o ano no que os pontenoveses fixesen algo grande nesta competición, pois o sorteo do cadro resultara máis favorable que nunca e varios dos equipos fortes xa se quedaran fóra, polo que plantarse nas últimas rondas parecía asequible. E máis aínda cando o rival nesta eliminatoria a partido único era o Mondoñedo, último clasificado da recén rematada Liga. Pero dende o primeiro minuto demostrouse que non iba ser tan fácil como "a priori" se podía esperar. Os mindonienses, un equipo veterano e con moito oficio, plantaron cara dende o inicio e demostraron que, despois de eliminar ó Alfoz, agora iban a polos pontenoveses.
Aínda así nos primeiros minutos non se definía un claro dominador. A maior velocidade do ataque sportinguista estaba a poñer en apuros á zaga do Mondoñedo, pero eles tamén levaron perigo á meta de Marco comandados por un gran Noly, que volveu a deixar mostras da súa espectacular calidade noutro dos seus retornos á Mina. Mediado o primeiro tempo inaugurouse o marcador, e foron os locais os encargados de estrenalo. Nun saque de esquina e logo dun rechace, o balón cae no borde da área donde aparece Javi para enganchar unha volea que se cola no marco mindoniense entre varios xogadores. Encarrilaban o partido os de Moirón, seguindo un guión moi parecido ó do partido de Liga pero sen un dominio tan claro como naquel encontro. Pero non souperon administrar ben esa ventaxa e antes do descanso, nun despiste da defensa, un dianteiro do Mondoñedo plántase só diante de Marco e báteo cunha gran vaselina ante a que nada pode facer. Así se chegou ó descanso, coas cousas nada claras.
Na reanudación, o Sporting parecía que non lle daba collido o pulso ó partido e, aunque gozou de algunha ocasión, parecía máis cercana a remontada dos visitantes. E de tanto buscala, acabou chegando. Foi nun córner no que a defensa pontenovesa non deu despexado o balón e acabou caendo nos pés dun xogador mindoniese, que non tivo máis que fusilar a Marco poñendo o 1-2 no marcador e complicando moito as cousas para os gualdinegros. Estaba mediado o segundo tempo e, aínda cos cambios que se produciron, os locais non souperon reaccionar e non foron capaces nin sequera de forzar a prórroga, a pesar do arreón final que o Mondoñedo frenou con moito oficio conservando ese resultado que lles daba o pase. E así rematou a temporada para o Sporting Pontenova.
Agora o turno é para o equipo xuvenil, que logo de caer na Mina por 2-3 na ida da súa eliminatoria ante o Pastoricense, disputarán a volta o sábado ás 11.30 no campo do Acebreiro.

No hay comentarios: