miércoles, 18 de mayo de 2011

Copa Élide Xuvenil: Complícase o pase logo de caer na Mina ante o Pastoricense

Arrancaba o Sporting como local a 2ª ronda da Copa Élide ante un dos fortes da Liga, o Pastoricense. Pero os de Moirón non deixaron que a diferencia na táboa se reflexase no céspede, e dende o primeiro momento buscaron controlar o partido. Estaban mellor plantados os locais e mediado o primeiro tempo chegou a mellor oportunidade para inaugurar o marcador, un penalti que Catalin mandou ó pau desperdiciando a ocasión para adiantarse. E con 0-0 chegouse ó descanso. 
No segundo tempo os pontenoveses seguiron dominando e puxéronse cunha cómoda ventaxa gracias a un gol de Catalin e a outro dun xogador do Pastoricense en propia porta, deixando o partido cun 2-0 que parecía sentencialo. Pero os visitantes non se viñeron abaixo e, con garra e algo de fortuna déronlle a volta ó marcador ata deixalo nun 2-3 que lles complica moito as cousas ós de Moirón para o partido de volta, que se disputará o próximo sábado ás 11.30 da mañá no campo do Acebreiro.

No hay comentarios: