miércoles, 4 de mayo de 2011

Copa Diputación: O Sporting rompe o maleficio das festas coa remontada na Copa ante o Meira

Facía xa 7 anos que o Sporting Pontenova non gañaba un partido celebrado nunhas festas, xa fose nas da Troita ou nas Feiras de Outubro. Pero como tódalas rachas están para romperse, esta ocasión foi diferente. Visitaba A Mina o Meira para disputar a ida da primeira ronda da Copa Diputación, nun partido que se preveía de gran rivalidade polos dous contendentes e polo bo ambiente que sempre presenta o feudo pontenovés cando coincide nestas datas. E o encontro non defraudou para nada. Os de Moirón pronto se situaron como os dominadores do xogo, pero sen claridade en ataque.
Pola contra, o Meira non disfrutou de moitas ocasións, e as que dispuxo foron moi ben respondidas por un gran Marco, que ocupou a meta pontenovesa o pasado sábado. Aínda así  foron os visitantes os encargados de adiantarse mediado o primeiro tempo, nunha xogada que parte dun centro dende a banda esquerda que non é capaz de rexeitar a zaga gualdinegra, caendo o balón de novo nun xogador meirense que volve a meter o balón na área pequena para que alí apareza un dianteiro para subir o 0-1 ó marcador. Non lle perdeu a cara o partido o Sporting, pero no primeiro tempo non puido conseguir a igualada e así se marcharon ós vestiarios. 
A segunda parte comezou cos locais moi enchufados e con ganas de darlle unha alegría ó gran número de aficionados presentes na Mina. E pronto esas ganas se traduciron en feitos. As primeiras oportunidades non tardaron en chegar, e foi nun córner donde chegou o empate. Saque raso dende a dereita cara a Lolo que, situado no borde da área, solta un dereitazo que rebota contra varios xogadores rivais, pero o rexeite cázao Javi batindo a bocaxarro ó porteiro meirense. 1-1 e moitos minutos aínda por diante. Ese gol deulles alas ós pontenoveses, que se volcaron na búsqueda do tanto da victoria e fixéronse donos definitivos do partido. Pero a pesar do dominio o tanto parecía resistirse, e xa no desconto, cando se daba o empate por feito, unha gran xogada de Maqueto pola banda dereita acaba cun centro á área pequena dónde aparece Rañón para fusilar a meta do Meira dándolle a volta ó marcador. Estallaba de alegría a afición pontenovesa, conscientes de que esa lixeira ventaxa será un punto a favor no partido de volta do próximo fin de semana na Lomba. E non houbo tempo para máis.
Como decíamos, o Sporting terá que devolverlle a visita ós de Meira esta fin de semana, no partido que decidirá quen avanza á seguinte ronda para enfrontarse ó gañador da eliminatoria Mondoñedo - Alfoz. En breves informaremos da data e hora definitiva.

No hay comentarios: