lunes, 13 de septiembre de 2010

2ª Autonómica: O Sporting recibe un duro correctivo na súa estrea ante o Cospeito (4-1)

Dura derrota do Sporting Pontenova na estrea do equipo na nova competición. A visita a Cospeito presentábase esperanzadora, e os de Moirón acudían coa ilusión de sacar un resultado positivo que lles dera folgos para afrontar os seguintes compromisos, e nos primeiros compases de partido non semellaba que o final no campo da Fonte fose da maneira na que se producíu.
Durante os primeiros 25 minutos os pontenoveses levaron perigo en varias ocasións aproveitándose da velocidade de Otto e Puente polas bandas, pero os seus centros non atoparon rematador. Tamén saíu a relucir a calidade de homes como Maqueto, Jorge ou Lolo, que o intentaron con pases en profundidade e con algún disparo dende lonxe pero o sábado era o día do porteiro do Cospeito, que firmou unha actuación impecable. Pero a boa imaxe do Sporting durou só 25 minutos, o tempo que tardaron os locais en inaugurar o marcador. Nunha xogada pola banda esquera, un centro sen aparente perigo cólase por debaixo das pernas de Xoel subindo o primeiro da tarde. A partir dese momento os gualdinegros perdéronlle o pulso ó partido e o segundo non tardou en chegar. Un despexe de Joel dende a línea de fondo caelle a un xogador local, que se inventa un maravilloso pase de cabeza pillando desprevenida á zaga pontenovesa, algo que aproveita un extremo do Cospeito internándose pola banda esquerda do ataque e definindo cun disparo cruzado que se cola pegadiño ó pau, poñendo un 2-0 que complicaba demasiado as cousas para os de Moirón. Pero aínda se poñerían máis difíciles moi cerca do descanso. Carlos comete un discutido penalti que se converte no 3-0, e sen tempo para máis chégase ó intermedio.
No segundo tempo os visitantes saen moito máis enchufados e comezan un asedio continuo á portería do Cospeito, beneficiados pola relaxación local e pola expulsión dun dos seus xogadores. Moi activos en ataque, as ocasión comezaron a chegar por medio de Jorge, Puente ou Javín, pero o porteiro local continuou co seu recital e non lles deu opcións ós dianteiros mariñanos. En defensa, a entrada de Leivas aportou un equilibrio que se botara de menos no primeiro tempo e non se pasaron excesivos apuros. Aínda así os locais gozaron de algunha oportunidade e na menos clara chegou o 4-0, nunha xogada que semellaba fóra de xogo e na que incluso se pararon tanto o dianteiro como Xoel, pero o atacante andivo máis "pillo" e conseguiu batir de novo ó gardamallas pontenovés. Logo dese gol os de Moirón semellaron baixar os brazos e durante uns minutos o Cospeito volveu a coller o control do partido, pero unha nova expulsión fixo que o Sporting volvese a irse ó ataque e as ocasións volveron a aparecer, aínda que o balón non quería entrar e o tempo acabábase. Pero moi preto do final chegaría o tanto da honra obra de Jorge Moirón, que se planta só diante do porteiro e define cunha gran vaselina poñendo o definitivo 4-1 no marcador. E así se chegou ó remate.
Despois desta clara derrota, os gualdinegros disputarán dúas xornadas consecutivas como locais nas que poderán resarcirse deste mal resultado. A primeira, o próximo domingo ante un recén descendido, o Cervo.

No hay comentarios: