martes, 28 de septiembre de 2010

Aut. Xuvenil: Os máis novos debutan cun esperanzador empate ante un dos favoritos, o Burela (1-1)

O novo Sporting Pontenova xuvenil iniciaba este sábado a nova competición, cun equipo renovado case na súa totalidade pero con unhas ganas e unha ilusión que van suplir perfectamente a inexperiencia de moitos dos novos compoñentes. Enfronte estaba o Burela, un dos favoritos da Liga e que no primeiro tempo puxo en serios apuros ós da Mina, pero que na segunda parte se viu superado polos de Moirón.

Ata 6 caras novas respecto ó ano pasado se podían apreciar no once titular que saltou á Mina para iniciar a nova temporada. E sobre o papel, o rival non era o máis propicio para empezar, pois o Burela parte como un dos favoritos para o ascenso a Liga Galega mentres que os obxetivos do Sporting este ano son menos ambiciosos que os dos dous últimos. Pero no céspede esas diferencias non parecían tales. O encontro comezou cos visitantes controlando, pero os pontenoveses aguantaron moi ben o tipo sustentados por unha defensa ben plantada e dirixidos por Arango e Camiño no medio campo, buscando sempre a movilidade de Catalin na dianteira. Este último dispuxo de algunha ocasión para adiantarse no marcador, pero foi o Burela quen golpeou primeiro mediado o primeiro tempo. A entrada de Picota por Anxo, que se tivo que retirar por lesión, deulle un plus de velocidade e de empuxe ó equipo, que gozou de algunha que outra oportunidade para lograr o empate antes do descanso pero non sería capaz de inaugurar o contador da temporada. O Burela tamén tivo as súas opcións, pero ó tempo de lecer chegouse co 0-1.
No segundo tempo as tornas cambiaron dende un principio. Ó pouco de comezar, un disparo dende media distancia que case se lle escapa ó porteiro serviu de aviso para os visitantes e para demostrar as intencións coas que saltaron ó campo os de Moirón. E minutos despois chegaría o golazo do empate. Unha falta ó borde da área foi transformada maxistralmente por Catalin, cun disparo con rosca que se colou pola escadra burelesa. Empate a un e o Sporting que se viña arriba na busca do gol da victoria. As ocasións seguiron chegando, por medio de Javi, Miguel ou Catalin, pero o Burela tampouco se rendía e tivo algunha oportunidade importante, sobre todo un tiro dende lonxe que sacou Marco da misma escadra, poñéndolle así a guinda a unha gran actuación. O empuxe dos pontenoveses non cesaba, pero o gol non quería entrar e o partido parecía abocado a un empate. E así foi, pois a excelente segunda parte non foi suficiente para lograr a victoria e ó final o marcador reflexou un 1-1 que semellaba xusto.
O seguinte compromiso será en San Ciprián o próximo sábado, dónde os de Moirón intentarán confirmar as boas sensacións deixadas no seu debut ligueiro.

No hay comentarios: