miércoles, 20 de octubre de 2010

Aut. Xuvenil: O Sporting paga unha floxa primeira parte coa primeira derrota da temporada (0-1)

Logo de 15 días de parón na competición, chegaba á Mina un dos favoritos da categoría, o Foz. Os de Moirón colleitarán sendos empates a 1 nas dúas primeiras xornadas do campionato, e afrontaban este partido coa ilusión de lograr a primeira victoria da temporada, ademáis diante da súa afición. No primeiro tempo os focenses foron superiores e conseguiron adiantarse, pero os gualdinegros reaccionaron na segunda metade, aínda que non foi suficiente.
Bo ambiente na Mina para recibir a un dos "gallitos", o C.D. Foz, subcampión o curso pasado por detrás dos de Moirón. Este ano ambos equipos chegaban renovados, pero superon brindar un bo partido dende o primeiro minuto. Foron os roxiblancos quenen se fixeron co control nos primeiros compases, pero un Sporting ben plantado foi capaz de aguantar as acometidas visitantes. En ataque, os locais non crearon excesivo perigo, pois Catalin atopábase moi só en determinadas ocasións e non foi capaz de cazar moitos dos balóns que lle enviaban en longo dende atrás. A zaga pontenovesa rendiu a moi bo nivel de novo, pero no único despiste importante chegou o gol do Foz, mediado o primeiro tempo. Estábano a merecer os visitantes, que foron superiores neste período e chegaron ó descanso por diante no marcador. Os pontenoveses, pola contra, só foron capaces de levar perigo en contadas ocasións.
Na segunda parte cambiaron as tornas dende o primeiro momento, e os locais saíron moito máis enchufados na busca do empate. Un dos protagonistas do partido, Iván, gozou das dúas oportunidades máis importantes para os de Moirón. Na primeira, un saque de falta perfecto de Anxo estrelouse no longueiro, e no rechace, co porteiro superado, Iván conecta un cabezazo a porta baleira que se marcha desviado por pouco. Víñanse arriba os locais, que por momentos conseguiron encerrar ó Foz na súa área. Foron numerosas as ocasións das que gozaron os gualdinegros, pero parecía que o balón non quería entrar o pasado sábado. Cando quedaban poucos minutos, logo dun saque de córner, Iván volve a cazar un rechace dentro da área pequena, pero a súa volea sacouna o gardameta focense cunha intervención moi meritoria. Por parte dos visitantes, a única ocasión salientable neste segundo tempo foi un cabezazo picado que sacou Marco con unha nova gran intervención. E así se chegou ó final, co 0-1 no marcador.
O Sporting terá unha nova oportunidade para conseguir a primeira victoria o vindeiro sábado, no campo de Santa Cruz ante o Lourenzá.

No hay comentarios: