sábado, 9 de octubre de 2010

Aut. Xuvenil: Novo empate na visita a San Ciprián (1-1)


Bo resultado o que conseguiron os xuvenís do Sporting Pontenova en San Ciprian logo de teren que loitar contra o equipo rival, o vento e máis o árbitro. A seria defensa que presentaron os gualdinegros foi determinante para lograr o empate.

O encontro comezou co San Ciprian a favor do aire, tomando o control do xogo e achegándose a meta defendida por Marco con certo perigo. Un disparo dende fóra da área e un gol ben anulado por fóra de xogo logo do saque dunha falta foron as ocasións máis claras para os locais. Os pontenoveses permaneceron á espera, aproveitando os contragolpes dos que dispuxeron para poñer en apuros á meta do San Ciprián. Cara o minuto 30, un despexe dende a zaga sportinguista seguido dun fallo dos centrais locais fixeron que Catalin se presentase só diante do porteiro e o batise por baixo con gran destreza.  O Sporting conseguira o máis difícil: adiantarse no marcador e co vento en contra.   Logo do gol mantívose o excelente replegue visitante e co resultado de 0-1 chegouse ó descanso.
Xa no minuto 5, un inxusto penalti e expulsión  de Luis ao caer encima do balón coas mans logo de ser desequilibrado por un rival supuxo un cambio total na dinámica do encontro.  O penalti parecía a ocasión idónea para empatar o choque, pero o disparo saiu demasiado alto. Aínda con todo Catalin dispuxo dunha ocasión que non esperaba logo dun erro na súa marcaxe, pero o balón saiu arriba por pouco. 
Os locais empezaron un asedio total á porteira de Marco pero este demostrou en todas as súas intervencións moita seguridade. Faltando 10 minutos, unha falta rigurosa na frontal da área fixo que Picota vira a súa segunda tarxeta amarela e deixou ó equipo con 9 e co San Ciprián volcado no empate. O gol visitante chegaría logo dun pase por alto que o dianteiro local rematou ó fondo da rede. Parecía difícil aguantar o empate, pero aínda quedando 9, o pontenoveses non se rendiron e defenderon o empate ata que o árbitro pitou o final do partido.
Ë de agradecer o apoio que outro ano máis teñen os afeccionados co equipo xuvenil. O vindeiro partido será para o 16 contra o Foz na Pontenova. Durante as festas non haberá partido.

No hay comentarios: