viernes, 15 de octubre de 2010

2ª Autonómica: O Xermade aprovéitase da "maldición das festas" (0-3)

O Sporting non foi capaz, un ano máis, e xa van 6, de sacar un resultado positivo o día dos festexos locais. O rival tampouco era o máis propicio, pois o Xermade presentou a súa candidatura ó ascenso nas anteriores xornadas e xustificouno sobradamente coa súa actuación na Mina, dónde venceu por 0 - 3 deixando unha gran imaxe. Por outra parte, os de Moirón non foron capaces de manter a boa línea marcada en Meira e sufriron a 3ª derrota consecutiva na casa.

No hay comentarios: