lunes, 1 de marzo de 2010

2ª Autonómica: Empate e gracias (2-2)

Partido trampa o que se lle presentaba onte domingo ó Sporting na Mina ante o Luis Pimentel de Lugo, un rival que aínda que está nos postos baixos da táboa sempre planteou partidos moi complicados. Despois da resaca do temporal do sábado a tarde presentábase pasada por auga, aínda que durante o encontro foron escasos os momentos de choiva e houbo un bo ambiente no feudo pontenovés.
Tiña o Sporting baixas importantes como a de Maqueto, Iván ou Juanqui, pero o encontro principiou da mellor maneira posible. Ós poucos minutos, nun saque de córner a favor, o balón rexeitado pola defensa lucense remata nos pés de Cholas, que saca un disparo dende fóra da área que peta en Garboso e acaba dentro da portería. Encarrilaban o partido rápidamente os de Sachas, que por certo non estaba nesta ocasión, sustuíndoo Moirón no banquillo. Seguíu atacando con bastante frecuencia o Sporting nos minutos posteriores, con algunha xogada de perigo por parte de Javín ou de Otto. Parecía controlado o encontro, pero pouco a pouco o Luis Pimentel foise estirando e comezou a levar perigo á portería de Xoel. O gol do empate chegou arredor do minuto 35. Carlos comete unha falta preto da área que é executada de forma espectacular por un xogador visitante, mandando o balón ó largueiro. No rechace, e con Xoel no chan, a defensa local quédase estática e o coiro chega ós pés dun xogador rival, que marca cómodamente o tanto da igualada. Pouco máis deu de sí a primeira parte e chegouse ó tempo de descanso.
Esperábase unha reacción dos locais no segundo período, pero a realidade foi que o Luis Pimentel seguiu controlando e conseguiu adiantarse no marcador ós 10 minutos de comezar, con un gol con algo de fortuna pois o disparo do xogador rival peta en Villy e acaba colándose pola escadra da portería de Xoel cunha vaselina perfecta. Tocáballe de novo ó Sporting remar contra corrente na Mina. Claves foron os cambios introducidos por Moirón, que lle deron frescura en ataque ó equipo gracias á velocidade de Puente e de Matelo. Este último, sobre todo, foi quen revolucionou o partido, aínda que non estivo acertado de cara ó gol, que se lle sigue resistindo co equipo sénior. Pablín e Fran, que tamén entraron no segundo tempo, tiveron cadansúa ocasión, pero o balón non quería entrar a pesar de que o Sporting estaba comezando a volcarse no marco rival, arriesgando con defensa de 3 para conseguir o empate. Puido chegar tamén con unha combinación entre Matelo e Puente, que chega á línea de fondo pero o seu "pase da morte" non atopou rematador. Cando parecía que os gualdinegros iban volver a caer na casa, e xa no desconto, chegou o ansiado tanto da igualada. Foi outra vez nun córner, nunha xogada embarullada na que o balón acaba nos pés de Manu que, a 2 metros da portería, fusila ó gardamente lucense salvando un punto no último suspiro. E non houbo tempo para máis.
Con este empate, os da Mina seguen unha xornada máis no 9º lugar, nunha xornada na que non se poden sacar conclusións pois só se disputaron 3 encontros debido ó temporal. A seguinte cita será ante o líder, o Pastoricense, o próximo fin de semana no campo do Acebreiro.

Consulta aquí a clasificación.

1 comentario:

Anónimo dijo...

E moita a melloria do Sporting nestas últimas xornadas. Penso que aparte de Matelo notouse a incorporación de Fran que posiblemente tiña que sair de principio que é un zurdo nato. Tamén Matelo debera de incorporarse antes. Os goles encaixados viñeron sempre polos mesmos erros. Moi ben outra vez Manu e a entrega de Villy e Marcos Conde. Xoel sacou un balon que so saca un bo cancerbeiro. Tan so bin a Cholas algo baixo con respecto a anteriores partidos pero é un home de outra categoría por espiritu e ganas. Faltaronlle balons a Javin que é un crak. Otto que sigua xogando medias partes que o fai de puta madre. non sei si é el o que pide o cambio ou llo piden pero cumple como un cosaco. Animo Sporting e a chimpar o Pastoricense.