miércoles, 17 de marzo de 2010

2ª Autonómica: Ó Sporting vólveselle a atragantar A Mina e cae ante o Riaveso (0-2)

É a asignatura pendente do Sporting Pontenova esta temporada. Os partidos na Mina foron un lastre durante todo o curso, pois os puntos gañados a domicilio non se completaban con victorias como local, e iso volveu a ocurrir o pasado sábado.
Só tardou 3 minutos en chegar o 0-1. Foi nunha xogada desafortunada e con algo de polémica, pois reclamouse falta a Juanki na acción que significou o primeiro tanto para o Rioaveso. Poñíase costa arriba o partido para os de Sachas, que aínda así non se amilanaron e buscaron o gol do empate, aínda que as oportunidades non foron nin moi numerosas nin demasiado claras. Só nalgunha ocasión a balón parado ou nalgunha xogada aislada se levou perigo, pero o ataque pontenovés non acababa de funcionar. A verdade é que tampouco en defensa se pasaron apuros, polo que o resultado ó descanso podía considerarse xusto.
No segundo tempo o guión non mudou en exceso. Cos cambios parecía que podía chegar a reacción do Sporting, pero cando semellaba estar gañandolle terreo ós chairegos chegou o 0-2, que foi un mazazo para todos. Logo dese gol os de Sachas intentaron volcarse sobre a portería rival, pero incluso xogando con tres defensas a sensación sobre o campo nunca foi a de darlle a volta ó marcador, pois as ocasións que se creaban non eran demasiado claras. Ó final, derrota xusta diante dun rival que foi superior e que gracias a partidos como o do sábado atópase pelexando polo ascenso.
Logo desta derrota, a situación dos pontenoveses na táboa non varía moito, pois seguen no medio da táboa en terra de naide, lonxe do ascenso e o máis importante, lonxe do descenso. O seguinte compromiso será a próxima fin de semana ante o Bonxe a domicilio.

No hay comentarios: