lunes, 22 de marzo de 2010

Aut. Xuvenil: O Sporting Pontenova gaña a Liga tras golear na Mina ó Lourenzá (5-0)

O partido máis esperado por todos chegaba o sábado pasado ó campo da Mina. O Sporting Pontenova, líder dende o principio da Liga, podía proclamarse campión con 4 xornadas de antelación se vencía ó Lourenzá, 3º clasificado. A afición, como non, respondeu a pesar da mala tarde e o feudo pontenovés volveu presentar o aspecto das grandes citas.
Principiou o choque como se esperaba. Os laurentinos, coñecedores do xogo pontenovés, plantáronse ben no campo e aguantaron as acometidas dos de Moirón, que saíron enchufados e a polo partido dende o minuto 1. As primeiras xogadas de perigo chegaron a balón parado e por parte dos dous equipos. O Lourenzá nun córner que acabou despexando Xoel; o Sporting, cunha falta que Turbo mandou alta e con outro córner que non rematou en gol por pouco. Noutro golpe franco mediado o primeiro tempo chegou a primeira gran ocasión para os da Mina. Outra vez o encargador de lanzalo foi Turbo, que estrelou o balón no poste cando xa se cantaba o primeiro. Pouco despois Leivas tamén estivo cerca de sorprender con un lanzamento lonxano, pero o porteiro chapou ben o coiro. Comezaba o Sporting a facerse dono e señor do partido, e o gol parecía estar cerca. Antón a punto estivo de cazar un centro dende a dereita, e acto seguido noutro córner Bruno case conecta co balón a 2 metros da portería. Resistíase o primeiro tanto, que non chegou ata o minuto 44. Nun balón pelexado por Matelo na línea de fondo, desfaise do marcador e da o "pase da morte" para Turbo, que fusila ó porteiro inaugurando o marcador da Mina. Estallaba de alegría a afición, que vería como un minuto despois repetían xogada os mesmos protagonistas e co mesmo final. Matelo pelexa outro balón, deixa para Turbo, que se desfai do central cun recorte e só diante do porteiro cruza o balón subindo o 2-0. Remataba así un primeiro tempo que ata os últimos compases parecía que iba rematar co resultado inicial.
Pero aínda quedaba moito por xogarse. Ó pouco de iniciarse a segunda parte chegou o terceiro, o da sentencia. Foi obra de Matelo, que logo dun primeiro disparo rexeitado polo gardameta, caza o rexeite e ca punteira consigue o tanto da tranquilidade. Antón, Turbo ou Picota puideron aumentar a renta, pero os seus disparos non acabaron en gol por pouco, algo que si conseguiu de novo Turbo mediado o segundo tempo. Xogada de Christian pola dereita, que centra para que o mediapunta de Pol remache cunha volea que se cola na portería poñendo o 4-0 no marcador e logrando así un "hat-trick" na súa conta persoal. Aínda con este resultado o Sporting non baixou os brazos e continuou levando perigo, e Matelo, Ayoub, Christian ou Tontxu tiveron oportunidades para subir o quinto, que sería obra do dianteiro asturiano nunha xogada polo lado esquerdo da área, na que consigue plantarse só diante do porteiro logo de zafarse do seu marcador e definindo cun tiro cruzado que entra pegadiño ó pau dereito. Doblete para Matelo, que cos dous tantos deste partido suma xa 38 no que vai de Liga, xusto o doble que o segundo máximo artilleiro, Turbo, o outro gran protagonista do choque con 3 goles. A última oportunidade foi para Anxo cun lanzamento de falta que acaba atallando o meta rival. E ahí rematou o partido e principou a festa no campo da Mina.
Con este título culmínase unha temporada redonda para os de Moirón, que só cederon dúas derrotas a falta de 4 xornadas para o remate da competición. Os perseguidores, Foz e Lourenzá, terán que conformarse a partir de agora por pelexar pola segunda plaza, que da acceso a xogar a ronda previa para entrar na Fase de Ascenso a Liga Galega, na que este ano entrará directamente o Sporting Pontenova como Campión do Grupo 8 da Primeira Autonómica Xuvenil.

NORABOA RAPACES!!!

No hay comentarios: