martes, 27 de septiembre de 2011

2ª Autonómica: O Sporting pode cun duro Meira nunha nova edición do derbi veciñal

Nova edición dun dos clásicos da categoría nos últimos anos, pois o Sporting recibía na Mina ó Meira o pasado sábado. Os locais partían lixeiramente como favoritos logo das goleadas recibidas polos celestes nas dúas primeiras xornadas, pero as numerosas baixas coas que chegaban os de Moirón e as ganas de enderenzar o rumbo dos de Abel fixo que o partido fose moi disputado , para rematar finalmente cun 2-1 para os locais logo de remontar o tanto inicial de Rubén.

Moi bo ambiente nas bancadas da Mina para recibir, un ano máis, ó Meira. Os de Moirón buscaban conseguir a primeira victoria da temporada, logo do empate a xornada anterior en Cervo, pero máis necesitados estaban os meirenses, que viñan de caer por 6-2 ante o Iberia e por 0-3 na Lomba ante o Rioveso. Pero a pesar dos dous duros golpes, presentáronse na Mina a polo partido e a piques estiveron de dar o susto. Un Sporting Pontenova demasiado lastrado, de novo, polas baixas, saltaba ó campo con dous xuveniles, Marco e Cata, e con outros dous no banco, Iván e Óscar Miranda. Na convocatoria a principal novidade foi a volta de Iván Rañón, ausente ata esta xornada. No bando rival destacaba a presencia dun ex-sportinguista, Hugo Leivas, que volvía este ano ó equipo do seu pobo logo de 3 temporadas no Sporting rendindo a un gran nivel, chegando a disputar dúas fases de ascenso a Liga Galega co equipo xuvenil e de ocupar a medular como titular indiscutible no primeiro equipo o pasado curso. E neste partido foi un dos destacados no Meira no seu retorno á Mina. No primeiro tempo os locais non parecían estar agusto no terreo de xogo, e eran os celestes os que gozaban das oportunidades máis importantes. Por parte do Sporting, Rivas a piques estivo de inaugurar o marcador cun gran cabezazo, pero iso, unido á pouca puntería dos homes de ataque, fixo que o gol se resistise. E máis se complicaron as cousas cando, a 25 metros da portería, Rubén recibe un balón escorado á banda dereita e sen pensalo solta un zurdazo precioso ante o que nada pode facer Marco a pesar da súa estirada. Adiantábase así o Meira, e parece que o gol despertou un pouco ós locais que, faltando 10 minutos para o descanso, comezaron a asediar a portería de Mario. Javín puido lograr o empate, pero foi Jorge, a escasos minutos para o descanso, quen logrou batir ó meta rival logo dun gran pase precisamente do 9 pontenovés, que o deixou só para que definise con seguridade ó primeiro pau. E non houbo tempo para máis, 1-1 ao descanso cando o Sporting parecía que comezaba a carburar.
E comezaba o segundo tempo cos dous equipos tratando de facerse co control, polo que o dominio seguíase repartindo. Os locais, con ganas de agradar, pouco a pouco foron gañando terreo e gañando metros, polo que as ocasións comezaban a chegar. E froito dese empuxe, no minuto 60 chegou o tanto da remontada. Foi nun balón pelexado por Carlos de cabeza, que acaba nos pés de Javín que define levantando o balón por riba do porteiro do Meira firmando un golazo que significaba o 2-1 para o Sporting. A partir dese momento, as salidas de Puente e Rañón aportaron frescura ó ataque gualdinegro, e puideron chegar máis goles para os locais. Aínda así, os de Abel non se amilanaron e tiveron ocasións de perigo para conseguir o empate, case sempre gracias á velocidade en ataque de homes como Rubén ou Jose, pero a zaga pontenovesa soubo frear as súas acometidas, así como un gran Marco, que de novo firmou unha actuación notable. O tanto da tranquilidade non daba chegado, e o encontro foi subindo en intensidade e dureza, por momentos, pero os locais administraron ben a escasa renta coa que contaban e acabáronse impoñendo por ese axustado 2-1, conseguindo así a primeira victoria do curso.
Con este triunfo, os de Moirón quedan na táboa con 4 puntos, mentres que o Meira segue sen estrar o seu casilleiro de puntos. O seguinte compromiso será o próximo domingo na cancha dun dos recén descendidos e un dos "gallitos" da categoría, o Santaballés.

No hay comentarios: