miércoles, 21 de septiembre de 2011

2ª Autonómica: Primeiro punto no empate sen goles en Cervo

O Sporting estreou a súa conta de puntos cun empate sen goles no primeiro viaxe da temporada, ó campo da Biudueira en Cervo. Outra vez cunha convocatoria marcada polas numerosas baixas, os de Moirón mostraron unha firmeza defensiva que lles permitiu non pasar demasiados apuros ante un equipo sempre perigoso.

Presentábanse os pontenoveses en Cervo coas baixas de Juanki, Otto e Fran por lesión e Marcos Conde, Rañón, Xoel, Pablín, Lolo e Manu por motivos laborais, o que condicionou moito a alineación presentada por Moirón neste partido. Na portería volvía Marco, gardameta xuvenil que foi un dos protagonistas das eliminatorias da Copa Diputación no pasado curso, e que volveu a rallar a un gran nivel o pasado fin de semana. Foi nun partido sen un dominador claro, no que ambos equipos puideron saír vencedores. No Sporting Pontenova destacou a firmeza defensiva, polo que non pasaron excesivos apuros ante un conxunto como o Cervo, con moito oficio e con xogadores de moita experiencia na categoría. En ataque, as ocasións máis claras foron para os gualdinegros, protagonizadas sobretodo por Javín, Jorge e Javi, que incluso mandou un balón ó pau, pero nin eles nin os seus compañeiros foron capaces de marcar o primeiro gol da temporada para os pontenoveses. Ó final, un empate sen goles nun partido no que os visitantes puideron saír con maior premio do campo da Bidueira.
O seguinte compromiso para os de Moirón será todo un clásico dos último anos, pois visita A Mina o Meira, o vindeiro sábado ás 6 da tarde.

No hay comentarios: