lunes, 5 de octubre de 2009

2ª Autonómica: Primeira victoria da temporada no derbi ante o Meira (0-1)

Chegaron por fin, logo de dous empates consecutivos, os primeiros 3 puntos desta tempada. E foi nun dos partidos nos que sempre gusta ganar, ante o Meira e a domicilio. Non foi un encontro vistoso, pois os dous conxuntos, recén ascendidos, comezaron o partido con dúbidas e tratando de observar como se desenvolvía o rival, polo que o xogo non era fluído e as ocasións non acababan de chegar. Ó cuarto de hora tivo que ser sustituído, lesionado, o mellor home do Meira, Víctor, e a partir de ahí o Sporting foise facendo pouco a pouco co control, aínda que na primeira parte os achegamentos non foron moi claros. Os locais tamén tiveron escasas oportunidades e en ningún momento puxeron en excesivos apuros ós de Sachas, que recuperou para este partido a homes como Carlos, Iván, Fran e Marcos Conde. Chegouse ó descanso co 0-0 inicial. Na reanudación os visitantes seguiron co seu dominio, pero aínda así puideronse adiantar os de Meira nalgunha ocasión, cun balón que enviaron ó largueiro e pouco despois cunha oportunidade que sacou cunha man espectacular Pablo, que saíra minutos antes pola lesión de Juanki. Tamén puideron os pontenoveses inaugurar o marcador, sobre todo nunha vaselina de Puente que se foi fóra logo de petar no largueiro. O gol do triunfo sportinguista chegaría no tempo de desconto, e foi obra dun ex-xogador do Meira, Garboso. Puente botou un córner dende a banda esquerda e o central cabeceu de maneira impecable picando o balón ó segundo pau, ante o que nada puido facer o porteiro. Un cabezazo que vale os tres primeiros puntos da temporada.
O seguinte partido vaise disputar o próximo sábado, coincidindo coas Feiras da San Lucas. Será no Campo da Mina ante o Xermade.

No hay comentarios: