martes, 13 de octubre de 2009

2ª Autonómica: O Xermade vence na Mina e amárgalle as festas ó Sporting (2-3)

Como ven sendo costume cando o partido coincide coas festas, o pasado sábado a Mina presentaba un bo ambiente para asistir ó Sporting - Xermade. E como tamén ven sendo costume, desgraciadamente, os da Pontenova seguen sen vencer nos partidos que coinciden cos festexos locais. O encontro non puido comezar de mellor maneira, pois Otto subiu o primeiro gol ó marcador definindo diante do porteiro logo dun excelente pase entre líneas de Rivas. Aveciñábase un partido tranquilo para os mariñanos, pois nos primeiros minutos non pasaban apuros e incluso, por medio de Javi, puideron conseguir o segundo nun par de ocasións. Pero mediado o primeiro tempo chegou o empate do Xermade e a partir de ahí comezaron a controlar o xogo diante dun Sporting que se iba desinflando pouco a pouco. Cerca do descanso chegaría o segundo dos visitantes, logo dun penalti cometido por Joel. Así se irían ós vestiarios, co mal sabor de boca de desperdiciar un gol de ventaxa. Comezou o segundo tempo e o partido non mudou excesivamente. O Sporting poñíalle ganas e puido marcar nalgunha ocasión, pero os visitantes non baixaron o listón e incluso se lles anulou o que podería ser o 1-3. Nese momento Sachas cambiou o debuxo e coa entrada de Puente e Javín situou dous dianteiros no campo. Este último, nada máis entrar no terreo de xogo, mandou de cabeza un balón ó largueiro e minutos despois puxo o empate no marcador transformando unha pena máxima. Pero pouco lles durou a alegría ós da Pontenova pois cerca do final os visitantes conseguiron o definitivo 2-3 nunha xogada desafortunada e chea de rexeites, que acabou co balón no fondo da portería local.
Remata así unha racha de 3 partidos sen perder para os de Sachas, na que conseguiran unha victoria e dous empates. O seguinte compromiso será o fin de semana próximo en Alfoz.

No hay comentarios: