lunes, 19 de octubre de 2009

2ª Autonómica: Derrota en Alfoz (3-1) logo de chegar ó descanso con ventaxa

Segunda derrota consecutiva para o Sporting Pontenova, que se ve arrastrado así ós últimos postos da táboa. E iso que o partido non puido comezar mellor para os de Sachas, pois ó pouco de empezar Javín recibiu un balón fóra da área e colocouna na escadra da portería do Alfoz, adiantando así ós visitantes. O partido estaba controlado polos gualdinegros, que se sentían agusto no terreo de xogo e non estaban a pasar excesivos apuros. Pero á media hora de xogo chegaba a primeira mala noticia para os pontenoveses, xa que Rivas tiña que retirarse logo de recibir un golpe na cabeza que lle provocou unha brecha bastante profunda. No seu lugar entrou Garboso. As oportunidades continuáronse sucedendo para ambos equipos, e tanto Javín como Puente levaron perigo á portería local en algunha ocasión pero o marcador non se movería neste período, chegando ó descanso co 0-1 a favor do Sporting. As tornas cambiarían bastante no segundo tempo. Ó pouco de comezar Javín puido subir o segundo tanto para os visitantes, pero do posible 0-2 pasouse ó 1-1, pois rápidamente íba a empatar o Alfoz. Non se viu precisamente a mellor versión dos de Sachas neste segundo tempo, e aínda recibirían outros dous goles máis rematando o partido co resultado de 3-1, o que significa a segunda derrota consecutiva do Sporting e que o deixa situado no posto 14 da táboa clasificatoria.
O próximo partido será na Mina ante o Sacido, probablemente o próximo sábado 24. En breve comunicaremos o horaria definitivo do encontro.

No hay comentarios: