lunes, 19 de octubre de 2009

Aut. Xuvenil: O líder sigue intratable e golea ó Alfoz na Mina (5-0)

Continúa o pleno de victorias para o Sporting Pontenova xuvenil. A última, este sábado ante o Alfoz na Mina, nun partido controlado polos de Moirón de principio a fin e que ben puido acabar cunha goleada aínda máis escandalosa. Bo aspecto nas bancadas para recibir a un rival que sempre da problemas e que acostuma a protagonizar partidos intensos e de brega, pero esta vez non puido facer nada diante dun conxunto local que xa puido inaugurar o marcador con dúas boas ocasións de Matelo nos primeiros 10 minutos, pero non tardaría moito máis en chegar o primeiro tanto, obra do punta asturiano logo de superar ó porteiro levantándolle o balón. Unha e outra vez os dianteiros pontenoveses gañábanlle a espalda á defensa verdiblanca e as oportunidades sucedíanse continuamente, polo que era cuestión de tempo que os goles seguisen chegando. E o segundo chegaría a balón parado. Tontxu saca unha falta dende a banda esquerda ó punto de penalti e Seoane, libre de marca, bate ó porteiro do Alfoz cunha volea suave pero impecable. Baixou un pouco o ritmo o Sporting froito da tranquilidade dos dous goles, pero aínda así puido ampliar a ventaxa antes do descanso con algunha ocasión máis, pero o marcador non se movería ata a segunda parte. Comezou o segundo tempo igual que o primeiro. O Alfoz seguía sen aparecer pola Mina e iso aproveitábano os de Moirón, que seguiron controlando o partido sen pasar apuros e facendo bo fútbol, e levando sobre todo perigo pola banda de Antón, que volveu a facer un gran partido. A sentencia levaría de novo a firma de Matelo, que logrou o terceiro tanto cun dereitazo dende o borde da área que se colou pegado ó pau da portería visitante sin que o porteiro nada puidese facer. Con este gol soltáronse un pouco máis os locais e pronto chegou o cuarto, obra de Antón logo dunha boa xogada individual. O quinto chegou dende o punto de penalti, e o encargado de transformalo foi Matelo, conseguindo así un novo hat-trick na súa carreira. Con resultado de 5-0 rematou o encontro.
Segue así a excelente racha de victorias dos xuveniles da Pontenova, con 7 noutros tantos partidos, e por riba a derrota do Pastoricense permítelles abrir máis brecha cos perseguidores. Ata o momento o Foz é o único equipo capaz de seguir o ritmo dos de Moirón. A seguinte xornada deparará a visita do Sporting Pontenova ó campo do Viveiro "B", o próximo sábado.

No hay comentarios: