jueves, 29 de octubre de 2009

Partidos desta fin de semana

  • Sábado 31 de Outubro, 16:30 h.
1ª Autonómica Xuvenil, Grupo 8
Xornada 9
Campo da Mina
Sporting Pontenova - Iberia C.F.

Despois de encaixar na pasada xornada a primeira derrota da liga, os rapaces de Moirón intentarán volver á senda das victorias este sábado na Mina. Enfronte, un rival a priori asequible, o Iberia, conxunto ó que o Sporting goleou nos dous enfrontamentos da pasada campaña. Para este partido recuperaránse numerosos efectivos que se perderon o anterior compromiso ante o Viveiro, polo que Moirón volverá a contar con algunha das pezas clave que faltaron o pasado sábado.

  • Sábado 31 de Outubro, 20:00 h.
2ª Autonómica, Grupo 6
Xornada 8
Campo Luis Gorgoso (Frigsa) (Lugo)
A.D. Luis Pimentel - Sporting Pontenova

Tamén este sábado, pero nun horario moi pouco habitual, as 8 da tarde, viaxará o Sporting Pontenova á capital lucense para enfrontarse a un vello coñecido da pasada campaña, o Luis Pimentel. Nos dous enfrontamentos anteriores entre ambos conxuntos saíron gañadores os lucenses, polo que os de Sachas intentarán romper esa mala racha no partido da tarde-noite do sábado. Logo de conseguir a primeira victoria na casa ante o Sacido, buscarán outros 3 puntos que lles permitan seguir alonxándose dos postos baixos da táboa e á súa vez, acercarse un pouco máis ós equipos que ocupan neste momento os lugares de privilexio.


No hay comentarios: