Logo de que Serafín Ron decidise abandoar o cargo despois de 4 anos á fronte do clube, o pasado venres celebrouse a asemblea na que quedou definida a nova directiva. O encargado de dirixir a nave sportinguista vai ser Antonio Lombardero, o Marino, que xa ocupara o cargo xusto antes de Serafín. Toño, que defendeu a camiseta gualdinegra entre 2004 e 2007, foi un dos integrantes do plantel e da directiva fai xa 8 anos, cando o Sporting retornou á competición logo de desaparecer do panorama futbolístico durante unha temporada, alá polo 2003.
Nesta nova andadura, na que se vai seguir apostando pola mesma filosofía, vai estar respaldado polos seguintes directivos:
-José Lombardero (Lombar), vicepresidente
-Manolo Rodríguez, tesoureiro
-Cándida Acebo, secretaria
-Miría, vocal
-Ernesto García, vocal
-Toño Miranda, vocal





