
O equipo xuvenil comeza unha nova etapa con obxetivos totalmente diferentes ós dos dous últimos anos. Para a presente temporada renovouse case todo o plantel con rapaces na súa maioría de primeiro ano, que esperan realizar unha boa campaña de transición coa intención de poder aportar xogadores ó equipo de segunda rexional.
O equipo de Dani Moirón presenta as altas de Luisín (Ribadeo C.f.), Miguel Camiño (Meira C.f.), Miguel (Racing Villalbés), Paolo e Marco (procedentes do fútbol paraguayo), Iván (Superti F.S.), Diego Falcón, Valin e Catalin. Estes dous últimos xa adestraron co equipo a pasada tempada pero non contaron con ficha ó superarse o número máximo de cadetes. Catalin perderase o estreno, o próximo sábado, por motivos persoais. Estáse a traballar na incorporación de dúas caras novas que probablemente se poidan concretar nos próximos días. Estos serán os compoñentes do grupo xuvenil para a presente tempada, xunto cos xa conocidos Noel, Picota, Óscar Miranda, Anxo, Sergio Arango, Diego, Javi e Andrés Seoane.
Os da Mina presentaránse diante da súa afición o vindeiro
sábado día 14 as
18,30 contra a
U.D. Pastoricense.