miércoles, 11 de agosto de 2010

Novedades primeiro equipo

O Sporting Pontenova comezou co duro traballo de pretemporada o día 31 de Xullo. Cun equipo moi renovado, no que destacan como caras novas as fichaxes de Lolo (Riotorto C.F.), Jorge Moirón (C.D. Lugo), Alberto Pérez (Meira C.F), Xoel e Hugo Leivas (Sporting Pontenova Xuvenil) e Gene, que retorna despois dun ano case en blanco, o principal obxectivo é o de consolidarse na categoría. Por outra banda, o novo técnico da Mina laméntase polas importantes baixas coas que terá que afrontar esta tempada: Cholas, Luismi Rivas, Iván e Noé (por motivos persoais) e Garboso (S.D. Muimenta), pero espera que non fagan mella no equipo e poidan realizar unha gran temporada.

O próximo domingo comezará un carrusel de partidos amistosos. No primeiro compromiso o equipo desplazaráse a Goiriz para xogar contra o conxunto local ás 18:30h, nun choque no que Moirón xa poderá contar con todo plantel, exceptuando a Maqueto que se encontra en período vacacional.

No hay comentarios: