jueves, 7 de junio de 2012

Toño Lombardero, o Marino, novo presidente do Sporting Pontenova

Logo de que Serafín Ron decidise abandoar o cargo despois de 4 anos á fronte do clube, o pasado venres celebrouse a asemblea na que quedou definida a nova directiva. O encargado de dirixir a nave sportinguista vai ser Antonio Lombardero, o Marino, que xa ocupara o cargo xusto antes de Serafín. Toño, que defendeu a camiseta gualdinegra entre 2004 e 2007, foi un dos integrantes do plantel e da directiva fai xa 8 anos, cando o Sporting retornou á competición logo de desaparecer do panorama futbolístico durante unha temporada, alá polo 2003.
Nesta nova andadura, na que se vai seguir apostando pola mesma filosofía, vai estar respaldado polos seguintes directivos:
-José Lombardero (Lombar), vicepresidente
-Manolo Rodríguez, tesoureiro
-Cándida Acebo, secretaria
-Miría, vocal
-Ernesto García, vocal
-Toño Miranda, vocal


Atrás queda a etapa de Serafin Ron, que abandona o Sporting tras 4 anos e despois de lograr algúns dos éxitos máis importantes da historia recente do clube, sobretodo co equipo xuvenil, donde conseguiu  disputar dúas promocións de ascenso a Liga Galega, quedando ás portas da gloria fai agora dous anos diante do Noia. Logo dunha gran reestructuración da plantilla, conseguiu facer un gran papel os dous seguintes anos, subindo ó podio nesta temporada.
Ó primeiro equipo tamén conseguiu darlle unha estabilidade que lle estaba costando acadar. Logo de ascender á segunda rexional no seu primeiro ano, con Sachas á fronte, a temporada seguinte conseguiu manterse na categoría por primeira vez logo de 3 intentos. Despois chegaría outra das súas grandes apostas, confiar en Dani Moirón para facerse cargo do primeiro equipo. De momento, dúas temporadas conseguindo a permanencia, o principal obxetivo do Sporting, avalan esa decisión.

Desde aquí, só nos queda agradecerlle a Sera o esforzo e dedicación duante estes 4 anos, realizando unha labor que moitas veces é infravalorada. Gracias por todo!!

1 comentario:

Anónimo dijo...

Gracias Serafin !!!!