miércoles, 22 de agosto de 2012

Resultados pretemporada

O primeiro equipo do Sporting Pontenova disputou pasado fin de semana dous novos amigables de preparación. O do venres, na Mina ante o Mondoñedo, saldouse cun empate a dous goles gracias ós tantos de Fran e Carlos. 
No segundo, disputado o domingo en Rioaveso ante o equipo local, o marcador foi de 1-0. Os de Moirón deixaron en xeral boas sensacións, sobretodo no segundo partido, disputado ante un rival de categoría superior.
O seguinte partido será o próximo xoves 30, nunha das citas que se está convertindo nun clásico do verán. Será na Mina, ás 21:30, ante o combinado local da Pachanga.

No hay comentarios: