miércoles, 7 de enero de 2009

Amistoso: Empate ante o Mondoñedo Ciudad (3-3)

O partido amistoso disputado o pasado fin de semana rematou cun empate entre dous equipos que utilizaron o partido para facer probas, comprobar o estado de forma despois das festas de Nadal e darlle minutos ós xogadores menos utilizados. Pronto chegaría o primeiro gol, logo dun penalty bastante discutido que transformaría Moirón enganando o gardameta visitante. Pouco despois chegaría o empate cun tiro dende fóra da área que entrou logo de botar diante do porteiro, o xuvenil Xoel nesta ocasión. E antes do descanso, o 2-1, obra de Iván que, con gran axuda do porteiro mindoniense, introduciu o balón na portería logo de que a este se lle escurrise por debaixo do corpo. Así chegaríase ao intermedio. O segundo tempo principiaría con moitos cambios no bando local, xa que Sachas quixo dar minutos á maioría da plantilla e aproveitar para dar descanso á xente con máis carga de partidos. Logo chegaron os goles, o primeiro o empate do Mondoñedo e seguidamente o Sporting volveríase a adiantar no marcador cun golazo do xuvenil Antonio. Así ata que, quedando pouco para o final, o equipo visitante conseguiu o empate cun gran gol de vaselina.
Así remataría un partido con pouca historia, aunque con goles, que servíu para coller forma de cara ao inicio da segunda volta o fin de semana próximo, en Barreiros ante o Celta. Tamén se puido ver na Mina a un vello coñecido da afición pontenovesa, o mindoniense Noly, un dos mellores xogadores que pasou polo Sporting e que vivíu a época dourada do clube, cando militou en 3ª división fai agora 8 anos.

No hay comentarios: