lunes, 26 de enero de 2009

Xuvenil: O Sporting volve á senda das victorias derrotando o Ribadeo (2-0)


O equipo de Moiron volveu a gañar un partido logo de duas xornadas, e conseguiuno o vencer o Ribadeo por 2 goles a 0 na Mina. O Sporting chegaba a este encontro coa necesidade de gañar para non perder a estela de Foz e Sagrado Corazon, os dous equipos que o preceden na clasificacion. O partido comezou con dominio local, que chegaba con continuidade e con certo perigo a porteria ribadense, ata que Matelo, logo dun precioso pase de tacon de Picota, lograse o primeiro gol cunha gran volea que se colou pola escadra. Asi chegariase ao descanso. A segunda parte comezou como a primeira, e con varias oportunidades por parte dos locais. Ainda asi, o Ribadeo puido empatar, pero Xoel realizou unha gran parada desviando un balon que xa se cantaba como gol. Cristian, Matelo e sobre todo Jorge, nunha clara ocasion, tiveron oportunidades para ampliar a vantaxe, e seria este ultimo quen conseguise o segundo logo dun rexeite dun tiro realizado por el mesmo. Co partido casi sentenciado, o control seguirono levando os locais, e Picota ou Antonio, cun perfecto dereitazo que se estrelou no largueiro, puideron aumentar o marcador.
Despois deste partido, o Sporting Pontenova segue de 3º empatando a puntos co Foz, 2º clasificado. A seguinte xornada o rival sera o Iberia, penultimo na taboa, nun partido que se necesita gañar pois noutro dos partidos do fin de semana enfrontanse entre eles Sagrado Corazon e Foz, e unha victoria pontenovesa apretaria ainda mais a cabeza da clasificacion.

No hay comentarios: