miércoles, 28 de enero de 2009

3ª Rexional: Boa xornada para o Sporting pese o empate en Ourol (1-1)


O Sporting Pontenova conseguiu un traballado empate no campo do Ourol. Eran moitas as baixas coas que o equipo de Sachas afrontaba este encontro, pero ainda asi, estivo a punto de conseguir a victoria. Un gol de Puente adiantaba os pontenoveses, que a partir de ahi tiveron que pelexar contra varios factores en contra. Por un lado, a actitude do arbitro, que non axudou en nada a parar o xogo duro que estaban a desenvolver os locais. Este foi outro dos factores, pois o Ourol empleouse con moita dureza durante gran parte do partido. Na segunda parte chegaria o empate co que ia finalizar o encontro, asi como a expulsion, mais que discutible, do xogador do Sporting Javi. Ao rematar este produciuse outra gran tangana que acabou sen incidencias destacables.
Este empate, gracias aos resultados dos equipos de adiante, permite ao Sporting Pontenova situarse 4º a solo dous puntos da zona de ascenso. O seguinte partido sera o proximo sabado ante o Terras do Miño, con horario ainda por concretar.

No hay comentarios: