martes, 11 de enero de 2011

2ª Autonómica: Ano novo, mismas sensacións

Os de Moirón volveron a non ser capaces de gañar un partido na casa logo de adiantarse no marcador. Enfronte estaba o Cospeito, rival directo na zona baixa da táboa, que se acabou levando un punto diante dun Sporting que sufriu as expulsións de Puente ó remate da primeira parte e de Gene no segundo tempo. Antes, Javi adiantara ós gualdinegros cun golazo dende o mediocampo, pero os visitantes empataron mediado o segundo período. Outro dos protagonistas do encontro foi o árbitro, que tivo unha actuación moi polémica para ambos conxuntos. Este punto non lles serve ós de Moirón para abandonar a parte perigosa da táboa, pero terán outra oportunidade o vindeiro domingo en Cervo.

No hay comentarios: