jueves, 27 de enero de 2011

Aut. Xuvenil: Derrota en Viveiro nun mal partido dos pontenoveses

O Sporting Pontenova xuvenil caeu derrotado o pasado sábado ante o Viveiro "B" por 2-1, nun encontro disputado no Municipal da cidade do Landro. Os de Moirón non deron unha boa imaxe ante un rival "a priori" asequible, e escápanselle así os puntos nunha saída propicia para acadar un mellor resultado. Os gualdinegros non saíron ó campo coa mellor actitude, e iso provocou que os locais se mostrasen máis cómodos sobre o verde dende o primeiro minuto, polo que o gol de Catalin non contrarrestou os dous dos celestes e o Sporting volveu de vacío.
O próximo sábado terá outra saída complicada, pois repetirá visita a terras mariñanas para enfrontarse ó Burela no campo da Marosa. 

No hay comentarios: